Acordeón cromático

Data
25/04/2020 _ 16:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 30 €

Categoría


O acordeón e o estudo das súas características

Monográfico sobre o acordeón cromático de botóns ou de teclas (piano) para mellorar o que xa saibas sobre o instrumento con Tomé Mouriño.

Detalles do curso

  • Data: sábado 25 de abril
  • Horas: de 16 a 20 h
  • Lugar: CSC A Trisca. Compostela
  • Prezo: 30 €
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

Descrición

Neste curso presentaranse os contidos para enriquecer as nosas melodías mediante diferentes campos de traballo:

Traballaranse os diferentes xeitos de colocar acordes a unha e dúas mans, o movemento de baixos, o acompañamento rítmico, a colocación do instrumento e a postura corporal, o manexo do fol ou as diferentes técnicas de articulación do son que nos axudan a atopar o estilo propio. Para este curso poderás traer tanto o teu acordeón de teclas (acordeón-piano) ou o acordeón de botóns (acordeón cromático) e non importa o teu nivel de aprendizaxe xa que o máis importante é quedar con ideas que nos poidan axudar a mellorar o noso estilo propio.

Tomé Mourinho

Comeza o seu contacto ca música aos seis anos e de xeito autodidacta. Máis adiante, súa faceta musical enriquécese ao recibir clases con Alonso Caxade, Eva Pato ou Victor Prieto, formando parte da ESMU de Compostela, na especialidade de acordeón. Actualmente recibe clases do acordeonista Vadzim Yukhnevich no Coservatorio Histórico de Santiago de Compostela.

Recibe cursos complementarios de diferentes ámbitos como o de Harmonía Tradicional con Pedro Pascual.

A súa faceta artística e creativa xorde a partir da formación indie-folk Rebezo galardoada coa participación no programa de profesionalización Jam de Barrio, 2º premio no XVII Concurso de maquetas de música da UVigo ou 1º premio no I Concurso do Trece Roeis. Por outra banda, De Ninghures grupo folk, co que, cas súas composicións orixinais, gaña a distinción de Novos Valores do Festigal.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed