Aksak

Map Unavailable

Data
14/05/2024 _ 19:00 h

Lugar
CSC da Rocha

Prezo: de balde

Categoría


Último concerto da serie No campo de Fóra de aCentral Folque nos CSCs de Santiago de Compostela co grupo Aksak que virán para esta ocasión en formato de cuarteto. Será o vindeiro martes 14 de maio ás 19 horas no CSC da Rocha na rúa do Beado 1 na Rocha Vella. Presentarán o programa ‘Galiza-Turquía’ combinando músicas nunha viaxe desde o Mediterráneo ao Atlántico.

“Vén aquí onde as rosas abriron. Deixa que a alma e o mundo se coñezan.” Rumi (s.XIII)

Sobre o concerto

O grupo de cámara Aksak, composto polo guitarrista e compositor Tato López, Ayse Yavuz viola e Elena Domínguez, violoncelo e Carlos Freire a percusión, ofrécennos un paseo inesquecible, unha viaxe por músicas otománas e galegas nun afán por atopar lazos de unión entre estes dous mundos.

Cun repertorio incrible que vai desde as inéditas pezas de compositores guitarristas galegos do século XIX, recompiladas e adaptadas para este grupo de cámara, ata pezas sinfónicas e tradicionais turcas de longa tradición.

Músicas de Kara Karayev, José Castro “Chané”, canciones populares de Sevket Ondesev, ou do Fundo Valladares. Dende Tesalónica ata Rianxo, o concerto vai descubrindo as mareas das diferentes orillas.

Algúns dos temas, inspirados nos poetas otomanos como Nizami Ganjavi (El baile de Ayse), escritos en 1197, ou as muiñeiras, alalás e alvoradas anónimas, recompiladas por Isabel Rei Sanmartin na súa tese sobre guitarra galega, recentemente publicadas.

Escoitaremos partes dos Ballet “camino del trueno” ou a popular Karahisar Kalesi, do autor Kara Karayev, da man deste trio que mostra esta fusión de mundos, facendo un repertorio único. Grazas a as diferentes influencias musicais de cada un (clásica, de autor música celta, música sefardí, música turca e andalusí, etc), comezan unha interesante viaxe entre a fusión e a experimentación entre estes dous mundos.

O nome significa “tropezando” ou “esborrallándose”, concepto que reafirma a idea de unir a música actualcon a antiga baseándose no estudo e a interpretación das músicas do Mediterráneo. Aksak está formado por músicos de moi diversos estilos, que convidan o espectador a mergullarse nunha viaxe polo Atlántico Galaico e Mediterráneo turco e a redescubrir nosas raíces culturais.

Sobre AKSAK

Tato López, guitarrista, compositor e cantautor afincado en Santiago de Compostela, leva coa súa música e as súas letras revolucionando a música de autor converténdose nun dos músicos máis destacados do momento en Galicia. Conta con catro discos na a súa carreira, “Ritmo de Area” 2011, “Máis aló das palabras”, 2015 e “Un lugar chamado mundo” 2016, e “Humano”, 2021.
Produtor e arreglista de todos os seus discos, así como tamén compositor de músicas para obras de teatro, series web (Quéreme soar) e proxectos (Tacóns na corda. 2011, Desalmadas 2017, Crónica dunha heterosexual insatisfeita 2019). Foi seleccionado en festivais como Barnasants (2013), e actuado cos seus discos en salas como Galileo Galilei, Dado Dadá, ou Liberdade 8, e tamén Latinoamérica, Arxentina e Uruguai, seleccionado polo AECID, en dúas xiras internacionais, no 2016 e 2021.

Graduado en estudos de guitarra clásica no Conservatorio Profesional de Santiago, e docente desde hai máis de 10 anos. Presenta no ano 2021 o seu cuarto traballo “Humano”, gravado xunto con músicos de Santiago, Madrid, Arxentina e Cuba. Grabado entre Coruña, Santiago e Madrid nos estudios Potemkin de Santiago de Compostela.

Fundador da “Casa da Trova” en Santiago, o primeiro centro da canción de autor de Galicia.

Forma en outubro do 2022 o grupo de clásica AKSAK, xunto co Ayse Yavuz e Helena Domínguez e Carlos Freire, co que abre unha porta as músicas do Mediterráneo e temas inéditos galegos co que comezan unha xira no 2023.

Ayse Yavuz, viola

Naceu en Adana, Turquia, en 1995. Comeza a tomar clases de viola aos 9 anos.

Despois de 3 anos comenzou a estudar viola non Conservatorio Estatal daa Universidade de Ukurova e continuou estudos no Conservatorio Estatal da Universidade de Trakya Participou na Orquestra de Cámara Trakya , Do’ou (Children’s Symphony Orchestra. Dá os primeiros concertos con TUGFO (Nova Orquestra Nacional de Turquia) e participa nas xiras realizadas en Turquía e Europa. Recibe clases maxistrais de Angel Stankov , Jano Lisboa, Beste Tıknaz Modiri, Rivka Golani, Carlo Costalbano e Yuval Gotlibovich. Estudou co profesor Francesc Gaya no Conservatorio Superior de Música “J. Rodrigo” de Valencia, Espanha.

Foi membro da orquestra filarmónica da Universidade de Valencia. En 2021 participou non concerto José Iturbi 125 , xunto a Orquestra Filharmónica daa Universidade de Valencia.  En 2021/22 cursou ou Posgrao de Especialización Orquestral ofrecido pola Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela, e participou en distintos programas dentro da tempada da Real Philarmonía de Galicia asi como coa Orquesta Filarmónica de Pontevedra en Nadal do 2022.

Elena Domínguez, violoncello
Nada en Cáceres en 1991, comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Irmáns Berzosa da devandita cidade aos 7 anos. Posteriormente trasládase a Badaxoz, onde termina os seus estudos superiores de violoncelo en 2014.

Forma parte da orquestra nova de Estremadura entre os anos 2008 e 2018, e ata a data colaborou con orquestras como a Sinfónica de Avila, Neue Philarmonie Múnchen e Internationale Junge Orchesterakademie, entre outras.

Traballa como docente na Escola Municipal de Música de Rois.

Carlos Freire, percusións

Naceu en Narón. Xa dende moi novo, comezou a súa andaina musical como percusionista e gaiteiro da man do mestre Victor Xosé Agulló, en formacións da comarca de Ferrolterra ( Gallaecia, Amacuca, etc).

Ao marchar a Santiago de Compostela, comezou os seus estudos no Semirario permanente de Jazz de Pontevedra e Conservatorio superior da Coruña. Tomou clases de percusión árabe, latina, batería e improvisación cos mestres Mohamed Alsayed, Eliseo Parra, Antonio Bravo, Andrés Rivas, Fernando Llorca, Roberto Somoza, Quin Garcia, Abe Rábade, entre outros.

No ano 2000 comezou a tocar como músico profesional nas banda de Mercedes Peón e Susana Seivane, participando en festivais nacionais e internacionais como: “La Nuit Celtique” (París, Bercy), “Celtic Connections” (Glasgow), “Euroceltes” (Estrasburgo), “Fok Festival” (Cambridge), “Músicas para un encuentro” ( Bos Aires, Montevideo), “Nuit Celt” (Istres), “Senglar Rock” (Cataluña), “Festival Folk Cantabria infinita”, “Festival de Martigues”, “Festival Zintzarria”, “Festival de la danse bretonne” (Guingamp, Francia), “Festival intercéltico de Lorient” (Francia), etc. No ano 2012 pasou a formar parte da banda de Xoel López e do seu disco “Atlántico”.

Colaborou con músicos como Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Anxo Pintos, Rodrigo Romaní, Roberto Somoza, Marcos Teira, Uxia Senlle, Anatoli, Quin Garcia, Banda Crebinski, Banda das Crechas, Grupo de danza oriental Gaira, Aline Frazao, Chris Kase, Sergio Tannus, Njala Sami, etc. Abríndose a un amplo abanico de estilos musicais (folk, flamenco, pop, jazz, música árabe, etc.) que van conformando a súa bagaxe profesional.

Participou en gravacións como: “Ruta folk terra galega” con Amacuca; “Mares de Tempo”,”Os soños que volven” de Susana Seivane; “Nai”,”Magnetico zen”, “estamos no veran” de Xoán Curiel; Carta branca”de Xochilmica, Xúa, Kibitka, Banda Crebinski,”ABDC” de A Banda das crechas, Tic Tac, “toc-toc” de Pablo Díaz,”Na punta do pe” de Pesdelán, “Clave Bantu” de Aline Frazao, Son Brasilego” de Sergio Tannus, “Atlàntico” de Xoel Lopez.

Programa do concerto:

1.Alvorada: trad. Galega.

2.Üsküdar. popular turca.

3.Karahisar Kalesi: Hidayet Çalbudak.

4.Folias galegas: Santiago de Murcia (s.XVIII)

5.Bülbülüm Altın Kafeste: M. Sarısözen

6.Ayse: Kara Karayev (Azerbayan)

7.Alalá e andante: J. Castro Chané. Galicia

8.Nana. Ballet Suite No. 2. Kara Karayev

9.Moinheira I e II: popular galega.

10.Nihavend Longa popular turca.

11.Alalá das mariñas. Trad.galega

12.Danse: Kara Karayev

*Tódolos arranxos feitos por Tato López e Ayse Yavuz

 

Este concerto está feito en colaboración coa Concellaría de Capital Cultural e a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed