Concerto: Alba María

Loading Map....

Data
25/01/2015 _ 20:00 h

Lugar
Auditorio da Ramallosa

Prezo: -

Categoría


Alba María presenta o seu flamante novo album “Aínda” en Teo, concello organizador do concurso de Canción de Autora que Alba María gañou a principios de 2014 co que puido gravar este disco. Será unha ocasión especial para poder ver a esta novísima compositora e cantante arroupada dunha banda excepcional con Felipe Villar á guitarra, Carlos Freire na percusión e Xosé Manuel Díaz no contrabaixo e dirección musical. Este concerto ademais contará con algún dos colaboradores que tivo Alba María no disco.

Malia a súa xuventude, a madurez da súa voz e a mestría das súas composicións convirten a “Aínda” nunha forte aposta discográfica que se presentou no Culturgal 2014 e que estará de xira todo ao longo do 2015.

De si mesma di Alba María: “Observo o agora, volto os ollos cara a outros lugares. Dou unha reviravolta e camiño por unha morna, unha bossanova, un blues, algo de swing que me vén petar á porta do peito. E teño moitos nomes, chámome como quero dependendo da marea. Pero sempre remato na ría, nas doces cordas da zanfona, no puño con ou contra a pandeireta, e o fol do acordeón collendo todas as brisas dos meus dezanove anos. E son moitas Albas, as Albas que fican nas cancións que vou creando, e as Albas que perdo cando sae o canto para fóra. Desde a ironía e desde a dozura. Observo, observo e nunca remato de observar o agora”.


 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed