Alejandro Vargas na RMS

Loading Map....

Data
23/05/2015 _ 21:00 h

Lugar
Auditorio da Xunqueira

Prezo: 4 €

Categoría


AleVargas2Concerto para esta rede de Músicas Soltas que está a traer a Redondela o mellor da música popular contemporánea. Desta volta coa oportunidade dun concerto único do grande mestre cubano Alejandro Vargas que interpretará ao piano acompañado de dous grandes músicos, o galego Carlos Freire á batería e o tamén cubano José Manuel Díaz ao contrabaixo.

Despois de Chucho Valdés, Vargas está considerado en Cuba como o renovador do jazz con raíz cubana. Graduado no Instituto Superior de Arte da Habana cunha tese sobre o órgano oriental, o ritmo máis tradicional da música do oriente de Cuba e, en concrrto da cidade de Holguín na que naceu, Vargas é un reputado mestre de jazz. Co seu grupo acadou en tres ocasións o maior premio de Cuba no ámbito do jazz. Con esa formación viaxou por América Latina, onde deu concertos nos maiores festivais do Brasil, Ecuador… e Europa, onde tocou en Francia, Suíza, Noruega…

Vive en Galiza desde 2009, tras formar parte do proxecto cubano-galego Descarga ao vivo. Aquí ten composto, arranxado e participado en diversos proxectos musicais entre o que destaca as Miniaturas Musicais de Granell, Premio Especial Cubadisco en 2013.


 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Comments are closed