Amadeo Goyanes

Data
06/06/2017 _ 19:30 h

Lugar
Praza da Quintana

Prezo: de balde

Categoría


Presentación do libro “Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte” dentro da Semana do Libro de Compostela. O acto contará co editor da colección Chave Mestra de Ramom Pinheiro Almuinha e co zanfonista Ariel Ninas, que transcribiu as partituras contidas no libro e gravou no disco publicado a tal efecto.

Este traballo na súa forma definitiva de libro (con CD) “Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte” conta cun detallado texto sobre a vida e traballo musical de Amadeo Goyanes ameno e curioso para todos os públicos escrito por Pablo Quintana;  partituras editadas para os músicos e especialistas da zanfona e un disco compacto no que se encontran inéditos de Amadeo Goyanes. Ademais deses históricos rexistros, graváronse especialmente para esta publicación músicas do seu repertorio e novos temas saídos da factoría da aula de zanfona da Escola Livre da MPG sita en Santiago de Compostela, atendida polo prestixioso zanfonista Óscar Fernández, no que pretende ser unha homenaxe As zanfoneiras de Monforte, a primeira escolanía de Zanfona de Galiza impulsada por Amadeo Goyanes.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed