Arredor da pandeira

Data
28/05/2022 _ 16:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 20 €

Categoría


Arredor da pandeira é un curso que impartirá Felisa Segade o vindeiro sábado 28 de maio pola tarde no CSC d’A Trisca en Santiago de Compostela. Este obradoiro de 4 horas está orientado a persoas iniciadas na pandeira para desenvolver repertorio, técnicas e estilo para acompañamento ao canto. Pivotará sobre contidos legados da tradición conservada na montaña oriental galega.

Detalles:

  • Lugar: Centro Sociocultural da Trisca. Santiago de Compostela
  • Data: sábado 28 maio de 2022
  • Horario: 10h a 14h. 4 horas totais
  • Prezo: 20 €
  • Prazas limitadas
  • Nivel: medio; persoas xa iniciadas no instrumento.
  • Inscripción: enche o formulario de embaixo; recibirás un correo coas instrucións de matrícula
  • + info: matricula@folque.com

Contido

Neste obradoiro traballarase co repertorio das tocadoras da vertente galega da montaña ancaresa (concello de Cervantes) e do Val de Ancares (concello de Candín).
Así pois dependendo dos lugares haberá diferentes xeitos de tocar:

A unha man:

  • Xeito “palma” ou xeito “pulso”
  • Puño-polegar
  • Trtiscado/rascado
  • Man volta

A dúas mans:

  • Unha + dúas mans
  • Dependendo das tocadoras, terase tamén moi en conta:
  • Os tránsitos
  • Os acentos

…Miña pandeiriña

moitos traballos che dan

de noite tocas nas festas

de día limpas o gran

Sobre Felisa Segade

De formación autodidacta, leva dende o ano 86 dedicada ao traballo de campo na recollida da nosa música e tradición cultural, co que alimenta tanto os seus traballos musicais como docentes. Imparte aulas de percusión tradicional en diferentes entidades e agrupacións culturais de toda Galicia, e desde 1989 é integrante do grupo de baile e música tradicional Brincadeira (Compostela).
É cofundadora de Leilía (1989) e tamén de Tres Pesos, de máis recente formación(2014), grupos nos que dedica o seu tempo na recopilación, análise, proposta musical e interpretación da música galega de tradición oral nas súas diferentes formas, manifestacións e expresións.

Felisa, como moitas outras mestras e mestres en toda Galicia, imparten aulas arredor da percusión e da tradición oral galega e colaboran en investigacións, traballos de campo e recolleita, tamén propostas musicais, de diferente alcance e dimensión.

Formulario de inscrición:

Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación; debes mirar na pasta do “spam” se non chegase ao cartafol principal do teu correo electrónico.

Os dados enviados serán tratados confidencialmente segundo as normas da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre a Protección de Dados Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Estes cursos están organizados por aCentral Folque coa axuda de:

Concello de Santiago e a Deputación Provincial da Coruña

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed