Curso transcrición e análise

Loading Map....

Data
15/11/2014 _ 10:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 200 €

Categoría


Sergio de la Ossa imparte este interesante e único seminario sobre a transcrición e análise da canción tradicional do repertorio galego que se desenvolverá nos meses de novembro e decembro dentro da oferta pedagóxica da Escola Livre da MPG.

Detalles:

+Duración: de 30 horas (24 h presenciais, 6 online)

+Datas: NOVEMBRO 15, 22, 29 / DECEMBRO: 6, 13, 20

+Prezo: 200 €

+Contidos:

  • Introdución á transcrición de música vocal tradicional do repertorio galego.
  • Presentación e estudo de diferentes tipos de transcricións (principalmente prescritiva e descritiva), facendo especial fincapé na transcrición medianamente detallada que caracteriza a práctica actual húngara.
  • Práctica individual de transcrición de pezas de distintos xéneros. Corrección, posta en común e debate sobre os resultados, solucións particulares a casos de cantigas especiais.
  • Ornamentación e variación.
  • Ferramentas de análise baseadas na tradición etnomusicolóxica húngara, adaptadas á tradición galega.
  • Estudo e análise de pezas galegas e de cancións doutras culturas que presenten riscos semellantes aos das cantigas galegas, ou outros complementarios e descoñecidos que axuden a poñela en contexto.
  • Tipos de versificación e métrica poética.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed