Baile Assalto

Map Unavailable

Data
20/07/2017 _ 21:00 h

Lugar
Praza do Toural

Prezo: de balde

Categoría


Dentro da programación do Artellando, actividades nos bairros paras as Festas do Apóstolo en Compostela, acentral Folque organiza este Baile Assalto especial na praza do Toural, de entrada libre e obradoiros de danza durante o día.

aCentral Folque propón un programa arredor da danza galega e das danzas de roda europeas con música ao vivo. Un espazo común que tente achegar diferentes estilos e audiencias a un repertorio común das músicas tradicionais para un obxetivo único que é o divertimento, o exercicio e a interacción social dun xeito lúdico, distendido e informal.

Tamén como un lugar para a aprendizaxe de novos xéneros e bailes e conectar así o público galego ao movemento internacional do “Bal Folk” que tomou forza en Francia nos anos 60 espallouse ao resto do continente con grande intensidade nos últimos anos e que en Galicia aínda é incipiente sendo un país historicamente moi rico en baile tanto rural e urbano.

aCentral Folque propón para isto programar a grupos de recoñecido prestixio que consigan atraer a un público variado ademais de organizar tres sesións previas de iniciación ao baile galego e aos bailes de roda e agarrados.

Ademais dos grupos musicais contará con asociacións de baile que nos últimos anos teñen desenvolvido unha intensa labor programática arredor do baile e que impartirán os obradoiros como son:

Programa

Obradoiros de iniciación ao baile con música ao vivo

12.30 h Bailes mandados: con Mercedes Prieto e Sergio Cobos

19 h Baile galego: a cargo do celectivo Seráns de Compostela

21 h obradoiro espress de explicación dos bailes

Baile Assalto

22 h Baile con música ao vivo os Cempés: baile 100%, con oS CEMPÉS

Os Cempés, o mítico grupo paratradicional con base en Ferrolterra, volta aos palcos cun novo concepto: o Baile 100%, sesións de baile colectivo, guiados polo cantante do grupo, Serixio Ces, para deleite do público. Mazurcas, polkas, círculos, chotis, bourrées,… e por suposto xotas e muiñeiras e pasodobles e valsas. Para este concerto asistirán en formato de cuarteto con acordeón, gaita, zanfona, pandeireta e guia de baile!

  • Óscar Fernández: zanfona
  • Roberto Grandal: acordeón
  • Serxio Cés: percusión e guia de baile

Vídeo dun Baile 100%:

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed