Baile Assalto decembro

Data
12/12/2014 _ 21:30 h

Lugar
Gentalha do Pichel

Prezo: 5 € ( 4 € soci@s ou alunado ELMPG)

Categoría


BaileAssalto_web2Último Baile Assalto do ano! Neste mes de decembro temos un especial de danzas do leste de Europa e Mediterráneo que se completarán con outros bailes doutras latitudes europeas, principalmente Bretaña. A noite iniciarase ás 19.30 h cun obradoiro específico e o BA comezando ás 21.30h.

Bailes: especial sobre danzas de Romanía, Grecia e hebreas: Hora Mare (Rom), Tzakonikos (Gre), Ikarioticos (Gre), Hassaposerviko (Gre), Kalamatianos (Gre), Tzadik Katamar (Heb) e Samoth (Heb). Extremadamente doadas e entretidas todas elas.

Os grupos que levarán a música serán Kumbal Trad da Coruña e Son Bretoned , de Vigo a comisaria de baile Pili Conde que impartirá o obradoiro ás 19.30h

O baile comeza ás 21.30h.

O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes (con excepcións!) na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A entrada é de 4 € (5 € para quen non sexa alunado da ELMPG ou soci@ da Gentalha).

Kumbal Trad son un grupo espeialmente montado para facer as músicas para bailes do mundo, europeos e mediterráneos. Acordeón, baixo, guitarra, clarinete e violino para tecer as melodías ricas en rítmicas, escalas e modos.

Son Bretoned é un dúo de acordeón diatónico e clarinete comandado por Joam Pedro Blanco, veterán e pioneiro acordeonista galego.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed