Baile Assalto ELMPG fevereiro

Data
07/02/2014 _ 19:00 h

Lugar
Gentalha do Pichel

Prezo: 5 € (4€ soci@s) cada sesión

Categoría


Baile assalto ELMPG2014En Compostela continúan os Grandes Bailes Assaltos da ELMPG. Este mes adicado continuamos adicando atención ás danzas en roda do centro de Europa onde repasaremos o Circle Circassiene, Chapeloise e Schottish e tamén haberá tempo para aprender a bourrée a 3 tempos e Marzurka. Por suposto tamén haberá muiñeiras, xotas, valses e pasodobles.

Previamente ao baile, hai un obradoiro de aprendizaxe dirixido por Pili Conde (Danzalia Mundi). O músico encargado de dirixir o palco é o mestre de violino da ELMPG, Gutier Álvarez.

O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A excepción a esta regla ten lugra neste mes de febreiro.

Pili Conde é a directora e mestra en Danzalia Mundi.

Gutier Álvarez. é o mestre de violino da ELMPG e membro do Pablo Seoane Grupo.

Comisa Bal son Gutier Álvarez -violino trompeta- e Javi Sexto -acordeón piano- que estarán acompañados de Pablo Pardo “Pacior” (frautas) e Pedro Pascual (acordeón diatónico)

A segunda banda da noite, será a formada por Carlos Quintá (acordeón diatónico), María García (violino) Úrsula Rial (frautas) e Pablo Bernárdez (sanfona)

Podes ver aquí , as fotos do Baile Assalto na páxina de Facebook da Escola Livre da MPG.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed