Baile Assalto ELMPG maio

Loading Map....

Data
09/05/2014 _ 19:00 h

Lugar
Gentalha do Pichel

Prezo: 5 € (4 € soci@s) cada sesión

Categoría


Baile assalto ELMPG2014Baile Assalto da Escola Livre da MPG para o mes das flores na Gentalha do Pichel (Sta. Clara 21, Compostela). Este mes adicado a bailes do leste de Europa e Israel. A sesión está dirixida polos mestres de percusión e violino da ELMPG (Kinhos Saburido e Gutier álvarez respectivamente). Previamente ao baile, hai un obradoiro de aprendizaxe para estas danzas dirixido especialmente por Pili Conde que é tamén a comisaria do Baile Assalto. Comezamos puntualmente 19h.

Bailes: especial sobre danzas de Romanía, Grecia e hebreas: Hora Mare (Rom), Tzakonikos (Gre), Ikarioticos (Gre), Hassaposerviko (Gre), Kalamatianos (Gre), Tzadik Katamar (Heb) e Samoth (Heb). Extremadamente doadas e entretidas todas elas.

Ademais haberá danzas das xa coñecidas: galaicas varias, schotische, cercle, bourrées, chapelloise, OXO reel, hater dro, gavotte, OXO reel, etc…

Haberá tres pases a cargo de dúas formacións:

  • Trio Os sureños (músicos da Escola Livre do suroeste galego): Javier Álvarez (diato), Marcos Saburido (percusións), Gutier Álvarez (violin, vioara cu goarna e Zanfona) e coa colaboración inestimable de Pedro Pascual (bouzouki).
  • Músicos invitados co grup Kumbal Trad da Coruña e que levan moitos anos facendo música para bailes europeos.

Horarios:

  • 19 – 20.30 obradoiro de baile
  • 21.30- 1.30 h Baile Assalto

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed