Data
13/02/2015 _ 21:30 h
Lugar
Gentalha do Pichel
Prezo: 5 € ( 4 € soci@s ou alunado ELMPG)
Categoría
Volta o Grande Baile Assalto da ELMPG para a tempada de inverno do 2015. Desta volta cun baile especial adicado á Gasconia, o territorio máis occidental da Occitania, esa cultura do sur do país franco, berzo dunha música moi interesante e uns bailes colectivos divertidos e sinxelos de aprender. Para amenizar o baile contaremos coa música ao vivo dun dúo de burdeos, La Forcelle, que acaban de publicar o seu segundo CD, Lestrille depois de máis de un lustro tocando nas “bals trad” de Francia. Para completar a noite, Bitoque, un dúo para o baile, zanfona+percusión cos ritmos máis populares do Baile Assalto: mazurka, circle, bourrée, schottish, xota, muiñeira, valse e pasodoble…
- Camille Raibaud: violino
- Lolita Delmonteil Ayral: acordeón diatónico
Este duo lévavos en terra de Gasconha, para un baile/concerto cheo de tradición e creación. Poderiamos pensar que todo foi feito na óptica duo acordeón/violin, e asi é. Un fondo de musica sensible, dous músicos en simbiose, unha enerxía desbordante, algo de humor, amor e de delicadeza. Son os ingredientes da alquimia que une ao dúo, degoiroso de compartir cos bailadores, o melomano, ou o simple paseante a súa música.
Vídeo de La Forcelle, pica aquí
Bitoque:
- Ariel Ninas: zanfona
- Carlos Freire: batería
“É o clavo que leva a llanta”, son as verbas de Concha de Luneda para explicar o que “bitoque” significa. Para o caso, é o dúo que o zanfonista Ariel Ninas ten para un repertorio de bailes europeos acompañado de algún percusionista variable e segundo disposición. Estrea formación con Carlos Freire, mestre da Escola Livre da Música Popular, e músico de bandas coma a de Susana Seivane, Alba María ou Xoel López.