Baile Assalto junho

Data
12/06/2015 _ 21:30 h

Lugar
Gentalha do Pichel

Prezo: 5 € ( 4 € soci@s ou alunado ELMPG)

Categoría


Graphic13Nova cita para o mellor baile galego e europeo. aCentral Folque a través da Escola Livre da MPG organiza o último baile do curso na Gentalha do Pichel. Desta volta cun Baile 100%, unha sesión guiada por Os Cempés coas danzas de moda: muiñeiras, xotas, pasodobles, chotis, mazurkas, an-dro, chapeloisse, OXO reel,…

O BA comeza ás 21.30 h puntuais cun pequeno obradoiro sobre o GRand Square, e outras danzas que se van tocar pola noite.

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, leva anos interesada na interacción música e baile. Desde os seus comezos como Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín o noso centro integrou aos mellores bailadores do país en palestras e cursos monográficos para que os músicos sentisen a interacción entre o seu instrumento e os seus corpos a danzar. Esta serie de bailes están vencelladas á Escola Livre da MPG e serán os seus mestres os encargados de amenizar e pór música á danza. Cada sesión estarán dirixida un comisario de baile que impartirá un pbradoiro previo adicado ás danzas especiais de cada mes e guiará o Baile Assalto nas danzas propostas polo cadro musical.

O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A entrada é de 4 € (5 € para quen non sexa alunado da ELMPG ou soci@ da Gentalha)

O Baile Assalto toman o nome dos bailes que se organizaban na zona de Noia e noutros lugares de Galicia na primeira metade do século XX que foron medrando en concurrencia especialmente durante o chuvioso inverno.

A proposta integradora, respetuosa, aberta e festiva dá para partillar co outro/a na proximidade dos cor- pos, algo necesario non só por divertimento mais tamén por saúde. Nas sociedades nas que vivimos a deshumanización e a vertixe do reloxo prívanos por veces destes praceres tan primarios coma ne- cesarios. Esta é pois unha proposta para nenos e adultos, novos e vellos, bailadores experimentados e aprendices. Alegría en movemento!


 

O Baile 100% Con Os Cempés é un Baile, un Obradoiro… unha festa para xentes de tódalas edades.
Os Bailes máis sinxelos de aprender, os máis divertidos, os de sempre con música en directo con Os Cempés:
Roberto Grandal:Acordeón
Antón Varela:Gaitas
Oscar Fernández:Zanfona e Cavaquinho
Serxio Cés:Canto, Percusión e Guia de Baile.
Carballesa, Vals, Chotis, Mazurca, Chapeloise, Circle Circassien, Xota, Muiñeira, Pasodoble, Andro, Hanterdro, Bourrée, Rumba, Muiñeira Corrida, Esparaván….
http://www.facebook.com/baile100oscempes
Estas imaxes grabáronse no Baile 100% de Febreiro de 2015 no local social da Asociación “O Castelo” de Narahio.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed