Data
21/11/2014 _ 19:30 h
Lugar
Gentalha do Pichel
Prezo: 5 € ( 4 € soci@s ou alunado ELMPG)
Categoría
Para o mes de novembro temos un CEILIDH, edición especial adicada aos bailes escoceses. Varias danzas que se acompañaran doutros bailes doutras latitudes europeas e norte-americanas. A noite iniciarase ás 19.30 h cun obradoiro específico e o BA comezando ás 21.30h.
A música é traída pola Carricoband, grupo compostelán especializado en música instrumental de Escocia e Irlanda.
Acompañarán Bitoke, dúo de zanfona e percusión.
O comisariado do baile e dirección do obradoiro correrá a cargo de Suso Cancelas.
O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes (con excepcións!) na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A entrada é de 4 € (5 € para quen non sexa alunado da ELMPG ou soci@ da Gentalha).
A Carricoband xúntase ao redor da rúa da Carricova en Compostela, barrio de San Pedro, cuns músicos de Touro, Ribeira, Teo e Escocia. Son unha banda cun toque irlandés e escocés e uns condimentos de música gallega, rumana y nórdica.
Bitoke é o dúo para o baile que forma Ariel Ninas con algún percusionista afín, desta volta está César Boquete de Faíscas da Pontragha ao bombo.
Suso Cancelas é un dos especialistas máis veterano ao redor das danzas do mundo en Galicia, activista no grupo de baile A Monteira e conductor de varios bailes regulares no país. Ten experiencia coma docente en cursos especializados das máis diversas danzas europeas.