Baile Assalto novembro

Data
21/11/2014 _ 19:30 h

Lugar
Gentalha do Pichel

Prezo: 5 € ( 4 € soci@s ou alunado ELMPG)

Categoría


BaileAssalto_web2Para o mes de novembro temos un CEILIDH, edición especial adicada aos bailes escoceses. Varias danzas que se acompañaran doutros bailes doutras latitudes europeas e norte-americanas. A noite iniciarase ás 19.30 h cun obradoiro específico e o BA comezando ás 21.30h.

A música é traída pola Carricoband, grupo compostelán especializado en música instrumental de Escocia e Irlanda.

Acompañarán Bitoke, dúo de zanfona e percusión.

O comisariado do baile e dirección do obradoiro correrá a cargo de Suso Cancelas.

O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes (con excepcións!) na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A entrada é de 4 € (5 € para quen non sexa alunado da ELMPG ou soci@ da Gentalha).

A Carricoband xúntase ao redor da rúa da Carricova en Compostela, barrio de San Pedro, cuns músicos de Touro, Ribeira, Teo e Escocia. Son unha banda cun toque irlandés e escocés e uns condimentos de música gallega, rumana y nórdica.

Bitoke é o dúo para o baile que forma Ariel Ninas con algún percusionista afín, desta volta está César Boquete de Faíscas da Pontragha ao bombo.

Suso Cancelas é un dos especialistas máis veterano ao redor das danzas do mundo en Galicia, activista no grupo de baile A Monteira e conductor de varios bailes regulares no país. Ten experiencia coma docente en cursos especializados das máis diversas danzas europeas.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed