Baile Assalto

Map Unavailable

Data
22/07/2016 _ 21:00 h

Lugar
Praza do Toural

Prezo: de balde

Categoría


imaxe_baileassaltoDentro das festas do Apóstolo de Compostela 2016 e do programa Artellando, aCentral Folque organiza un día especial adicado á danza con música ao vivo e feito nunha das prazas máis emblemáticas da cidade, o Toural. Será un Baile Assalto pola noite precedido de tres obradoiros para todos os públicos.

12.30 h- Obradoiro de bailes agarrados con Montse Rivera. Música ao vivo: Ariel Ninas (Compostela)
17 h- Obradoiro de bailes europeos con Matias Tradballs. Música ao vivo: Fulano&Beltrano (Lisboa)
19 h- Obradoiro de danzas de roda con Suso Cancelas e Asociación A Monteira Danzas do Mundo (Vigo)

21 h- Baile Assalto con Fulano, Beltrano e Sicrano (Portugal)

O Baile Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos, americanos e galegos de moda. Para esta xornada contaremos con tres obradoiros de iniciación durante o día con músicos en palco e pola noite un concerto coa banda lisboeta “Fulano, Beltrano e Sicrano” con Matias Tradballs, especialistas en animar a danzar. Porque o baile é é música, cultura e identidade mais tamén é exercicio, terapia e catarse colectiva nun movemento que nos últimos trinta anos está a espallarse por toda Europa.

O Baile Assalto toman o nome dos bailes que se organizaban e moitas vilas de Galicia a comezos do século XX que foron medrando en concurrencia especialmente durante o chuvioso inverno. aCentral Folque organiza estes Bailes regularmente durante todo o inverno en Santiago de Compostela.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed