Data
25/01/2019 _ 20:00 h
Lugar
CSC Romaño
Prezo: de balde
Categoría
O vindeiro venres 25 de xaneiro aCentral Folque organiza un baile para presentar o libro Bailegramas de Serxio Cobos en Santiago de Compostela. Será un baile aberto ao bairro e á cidadanía con música ao vivo en horario de serán.
Alunado e mestres da Escola de Música d’aCentral Folque porán música para quen asista a esta reunión onde presentaremos a viva voz o primeiro libro da colección Seiva que tenta describir con pictogramas os movementos do baile patrimonial galego e ser unha aproximación en partitura de muiñeiras e xotas.
A entrada é de balde no novo centro social do Romaño (Travesía de Vista Alegre, 46). O horario será de 20 a 22 h. Hai buses cada 30′ (Número 4) que paran moi próximos na rúa de Avío.