Bailes de Mens

Map Unavailable

Data
18/12/2021 _ 18:00 h

Lugar
Auditorio do Centro Cívico

Prezo: de balde

Categoría


O vindeiro sábado 18 de decembro a partir das 18 horas en Malpica de Bergantiños, aCentral Folque organiza en parceiría co Concello de Malpica a xornada Bailes de Mens, onde se presentarán as novidades da editorial: “Infinito no pé. Ribeirana” e “Pandereitras de Mens” coa presencia das súas autoras. A xornada contará cunhas actividades especiais coa actuación do grupo de Pandereteiras de Raigañas e coa proxección por vez primeira de xeito público da gravación visual en Super8 do primeiro documento sobre a Ribeirana nunha recolla de 1971 feita pola Sección Feminina.

As presentacións contarán con Serxio Cobos, coautor do recente “Infinito no pé. Ribeirana“; e con Beatriz Busto, autora do título “Pandereteiras de Mens” para o que contará con Mar de Bouzas na mesa de presentación.

O enderezo do lugar é o Auditorio do Centro Cívico de Malpica: Rúa do Ventorrillo s/N. 15113

A actividade é de balde até completar o aforo.

Complementando esta actividade, pola mañán hai un curso práctico sobre a Ribeirana impartido por Serxio Cobos. Máis información aquí: http://www.folque.com/01.140415wp/events/ribeirana-curso/

Esta actividade está apoiada polo Departamento de Cultura da Deputación Provincial da Coruña e o programa de Proxectos Singulares.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed