Bellas & Abal

Map Unavailable

Data
14/10/2022 _ 19:30 h

Lugar
Igrexa de Sta. Mª de Godos

Prezo: de balde

Categoría


Cuarto concerto do ciclo Bordóns: A zanfona no Camiño na igrexa de Santa María de Godos do concello de Caldas de Reis. Un programa duplo co preludio do Francisco do Romualdo e o espectáculo ‘Paus de cego’ no adro do templo e o concerto especialmente encomendado para o festival de David Bellas e Iván Abal ‘Retrotopía’ con dúas partes, unha con composicións propias para gaita e zanfona desde a perspectiva da música académica de vangarda e outra sobre interpretación de músicas medievais.

  • David Bellas: gaita-de-fole e composicións
  • Iván Abal: zanfona

David Bellas é titulado Superior en Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia e Titulado Profesional en Gaita Galega polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Está detrás proxectos seminais da música para gaita contemporánea como Chupacabras ou Ensemble Matamá.

Iván Abal é titulado Superior en Piano, Solfexo,  Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia e Historia e Ciencias da Música e mestrado en Arte Dramática pola Un de Vigo. Impartiu docencia nos principais conservatorios galegos e actualmente exerce a docencia no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Ten tocado con Son de Seu, Obal ou MetalXis.

Francisco Almuiña é o Cego do Romualdo, cantante zanfonista invidente da Ribeira Sacra cun repertorio autenticamente de romances vulgares “ de cego” e os explica no seu contexto acompañado da maltrañas, bastón e caixa para as esmolas…

 

 

 


Este concerto fai parte do ciclo ‘Bordóns: a zanfona no Camiño’, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. #OteuXacobeo #Xacobeo2021 #zanfonanocaminho

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed