Caleidoscopio

Data
18/04/2020 _ 11:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 90 €

Categoría


Caleidoscopio. Ferramentas Para A Creación Multidisciplinar

Curso intensivo de creación contemporánea transdisciplinar. Orientado a artistas de calquer disciplina, escénica ou visual, músicos, cantantes e calquera persoa que traballe na creación ou desexe obter ferramentas para a crear dende a concepción multidisciplinar, ampliar coñecementos para a hibridación das artes ou combinar disciplinas artísticas na súa creación. A artista transdisciplinar e coreógrafa Mercé de Rande conduce este monográfico.

Detalles do curso

  • Data: sábados 18 e 25 de abril
  • Horas: de 11 h a 13 h e de 17 h a 20 h cada día
  • Lugar: CSC A Trisca. Compostela
  • Prezo: 90 €
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

Descrición

Etimoloxicamente a palabra caleidoscopio é a suma de 3 palabras gregas (kalos / eidos / skopein) que nos falan de ver belas imaxes. Neste sentido este curso vainos axudar a crear unha composición que sexa atractiva para a vista. Nesta sociedade actual tan visual, resulta obvio a importancia deste componente. Traballaremos dende a idea ou concepto, até cómo levamos á practica e como o sentido da vista e da estética nos inflúe no resultado final. Por outra banda metaforicamente caleidoscopio fai referencia a diferentes prismas que multiplican esa mesma imaxe, traballaremos por iso tamén o enfoque, as posibles perspectivas e os filtros que podemos aplicar para xenerar un conteúdo variable e incluso desplegable, apoiándonos nas posibilidades das diferentes disciplinas e impulsando as sinerxías entre elas. Creando así unha composición formada por elementos heteroxéneos e variables coa que poderemos xogar visualmente.

Mercé de Rande

Artista interdisciplinar de amplo percorrido internacional. O seu traballo baséase no movemento e sitúase entre as artes escénicas e as artes visuais. A performance ten un lugar privilexiado no seu discurso poético e no seu desenvolvemento artístico. As súas ferramentas son a creación híbrida, a composición, a investigación e a improvisación. Ten participado en programacións específicas de improvisación en Suíza. Como directora de proxectos multidisciplinares en Exipto, como bailarina en proxectos de improvisación e investigación de música e danza en Francia e New York. En 2008 funda Á Mercé das CirKunsTanzias, plataforma para a investigación e creación transdisciplinar. coa que dirixe dúas producións en Galicia e outras 3 a nivel internacional.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed