Data
27/12/2020 _ 17:30 h
Lugar
Igrexa parroquial de Sta. María
Prezo: de balde (previa reserva)
Categoría
- Domingo 27. 17.30 horas. Igrexa parroquial do Mosteiro de Sta. Mª. Oia. Pica no link para localizar o espazo
Oia e a súa impresionante igrexa parroquial do Mosteiro será o segundo dos recitais da xira do trío formado por Catarina Moura, César Prata e Ariel Ninas en igrexas do Camiño Portugués sobre o repertorio natalicio. Esta serie de cinco concertos son a presentación do proxecto “do Natal aos Reis” na Galiza.
Os concertos serán de balde con reserva previa desde a web folque.com e as capacidades dos espazos reducida. A partir do día 21 de decembro ás 10 horas da mañá abre o prazo de inscrición para cada unha das igrexas. Páxina de reservas aquí.
Cantos de Nadal no Camiño Portugués é unha serie de concertos en espazos de interese patrimonial e relixioso nun percurso de sul a norte ao longo da ruta xacobea a finais de decembro de 2020 dos artistas Catarina Moura, César Prata e Ariel Ninas con repertorio galego-portugués do ciclo de Advento á Epifanía. Este proxecto está organizado por aCentral Folque e promovido pola Xunta de Galicia por medio do seu programa de #OteuXacobeo para o Xacobeo 2021.
Se queres ver vídeos de concertos pasados, pica aquí.
Este é un proxecto de:
Promovido por:
#OteuXacobeo Xacobeo2021