Cantos de Nadal

Map Unavailable

Data
28/12/2020 _ 18:00 h

Lugar
Igrexa de Sta. Mª de Godos

Prezo: de balde (previa reserva)

Categoría


  • Luns 28. 18 horas. Igrexa de Sta María de Sta. María de Godos. Caldas de Reis. Pica no link para localizar nun mapa o lugar.

Godos e a súa linda igrexa  parroquial no val que leva de Caldas a Vilagarcía acolle o terceiro dos recitais da xira do trío formado por Catarina Moura, César Prata e Ariel Ninas en igrexas do Camiño Portugués sobre o repertorio natalicio. Esta serie de cinco concertos son a presentación do proxecto “do Natal aos Reis” na Galiza.

 

Os concertos serán de balde con reserva previa desde a web folque.com e as capacidades dos espazos reducida. A partir do día 21 de decembro ás 10 horas da mañá abre o prazo de inscrición para cada unha das igrexas. Páxina de reservas aquí.

Cantos de Nadal no Camiño Portugués é unha serie de concertos en espazos de interese patrimonial e relixioso nun percurso de sul a norte ao longo da ruta xacobea a finais de decembro de 2020 dos artistas Catarina Moura, César Prata e Ariel Ninas con repertorio galego-portugués do ciclo de Advento á Epifanía. Este proxecto está organizado por aCentral Folque e promovido pola Xunta de Galicia por medio do seu programa de #OteuXacobeo para o Xacobeo 2021.

Se queres ver vídeos de concertos pasados, pica aquí.


Este é un proxecto de:

Promovido por:

#OteuXacobeo Xacobeo2021

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed