Cantos de Nadal

Map Unavailable

Data
26/12/2020 _ 17:30 h

Lugar
Igrexa de Santa Liberata

Prezo: de balde (previa reserva)

Categoría


  • Sábado 26. 17.30 horas. Igrexa de Santa Liberata, Baiona . Pica no link para localizar o espazo

Baiona e a fermosa igrexa de Santa Liberata, ao pé da Colexiata e na praza do mesmo nome será o primeiro dos recitais da xira do trío formado por Catarina Moura, César Prata e Ariel Ninas en igrexas do Camiño Portugués sobre o repertorio natalicio. Esta serie de cinco concertos serán a presentación do proxecto “do Natal aos Reis“.

 

Os concertos serán de balde con reserva previa desde a web folque.com e as capacidades dos espazos reducida. A partir do día 21 de decembro ás 10 horas da mañá abre o prazo de inscrición para cada unha das igrexas. Páxina de reservas aquí.

Cantos de Nadal no Camiño Portugués é unha serie de concertos en espazos de interese patrimonial e relixioso nun percurso de sul a norte ao longo da ruta xacobea a finais de decembro de 2020 dos artistas Catarina Moura, César Prata e Ariel Ninas con repertorio galego-portugués do ciclo de Advento á Epifanía. Este proxecto está organizado por aCentral Folque e promovido pola Xunta de Galicia por medio do seu programa de #OteuXacobeo para o Xacobeo 2021.

Se queres ver vídeos de concertos pasados, pica aquí.


Este é un proxecto de:

Promovido por:

#OteuXacobeo Xacobeo2021

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed