CCPG en concerto

Data
11/09/2016 _ 19:30 h

Lugar
Castelo Santa Cruz

Prezo: de balde

Categoría


Processed with VSCO with m6 preset

O último título publicado desde aCentral Folque, o disco de Ariel Ninas e César Prata “Cantos de cego de Galiza e Portugal” será presentado ao vivo nun concerto especial dentro do festival Espazos Sonoros. Será  o vindeiro domingo 11 de setembro ás 19.30 h no marco incomparável do Castelo de Santa Cruz n’A Guarda (Pontevedra) dentro dunha xornada máis completa que o festival ofrece (Coñece o teu patrimonio: ás 11.30 h, Xornada no Baixo Miño: entre viñas e fortes, que precisa inscripción previa). O recital é de entrada libre e será un repaso polas mellores cancións do disco que se presentado ao público neste concerto.

Este dúo conformado por músicos procedentes de Galicia e Portugal presenta unha proposta arredor dun personaxe singular na cultura musical universal, a persoa invidente que canta e fai música, e o seu repertorio recollido en ambas as beiras do Miño. Un conxunto de cancións de temática común: crimes, romances, parrafeos de namorados, desgarrada, feitos históricos, cancións de orixe sefardí, historias que durante séculos, desde a Idade Media ata os nosos días, acompañaron a paisaxe sonora de feiras, romarías e rúas.

Dous músicos de ambos os países, Galicia e Portugal, recrean estas cancións cunha variada instrumentación —zanfona e guitarra, viola braguesa, concertina, harmónica, adufes e percusións miúdas— nun programa composto, a partes iguais, por melodías galegas e portuguesas, recollidas en cancioneiros ou rexistradas directamente de informantes de Mesía, Pinhel, A Guarda, Fonsagrada ou Viseu. Estas cancións graváronas recentemente para formar parte do primeiro disco do dúo.

Este proxecto naceu da participación de entrambos no Encontro de Tocadores de Caminha 2015 no que impartiron unha oficina homónima e desde comezaron a callar a idea de faceren algo xuntos que levar a un palco. O resultado ano e medio despois, poderase ver da outra beira do Minho.

A fortaleza, castelo de Santa Cruz, na Guarda simboliza mellor ca ningún outro este punto de encontro, lugar fronteirizo e defensivo entre as dúas marxes do Miño que se unen, a través das músicas da tradición galega e portuguesa, arredor da chamada “literatura de cordel”.

artistas.folque.com

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed