Celina da Piedade en concerto

Loading Map....

Data
23/10/2014 _ 20:30 h

Lugar
Auditorio do Edificio Cambón

Prezo: de balde

Categoría


Celina_da_PiedadeConsiderada a mellor acordeonista da actualidade, Celina da Piedade presentará en Vigo, concretamente no Auditorio do Edificio Cambón, o seu último traballo, O Cante das Ervas, disco temático que inclúe temas do Cancioneiro do Baixo Alentejo e do Algarve dedicado ás herbas aromáticas. Esta artista de fama internacional ten traballado con grandes nomes da música como Rodrigo Leão, Mayra Andrade, Ludovico Einaudi o Kepa Junquera.

Para este concerto a acordeonista e cantante alentejana, estará acompañada do baixista Alex Gaspar.

Acordeonista, solista e compositora, conta con dous álbumes no mercado: Em Casa (Melopeia, 2012) e O Cante das Ervas (Melopeia e Jardim da Boa Palavra, 2014).

Nesta actuación colabora o Centro de Visitantes Cambón. Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Xunta de Galicia.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed