Celina da Piedade na RMS

Data
24/01/2015 _ 21:00 h

Lugar
Auditorio da Xunqueira

Prezo: 4 €

Categoría


CartazCelinaRMSA Rede de Músicas Soltas regresa un ano máis para ofrecer concertos de primeira  calidade  e grande interés para as músicas populares contemporáneas en Redondela. A edición do 2015 abre cunha convidada de excepción, a alentejana Celina da Piedade.

A acordeonista, cantora e compositora portuguesa transpira música por cada un dos poros da súa pele, ela mesma é música. Celina da Piedade está considerada como uma das instrumentistas mais prolíficas de Portugal, mas tamén a sua paixón pola música lle levou ao estudo de acerbo musical da sua zona, o Alentejo. Após unha sólida formación académica (estudou no Conservatorio de Setúbal) integrouse no Cinema Ensemble (desde o ano 2000) de Rodrigo Leão, a quem desde entón acompaña en todos os seus concertos. Pero o seu talento creativo levoulle a traballar con multitude de recoñecidos artistas como Mayra Andrade, Né Ladeiras, Uxía, Ludovico Einaudi, Gaiteiros de Lisboa ou Antonio Chainho. Di Celina que para ela “cada música é un tesouro”, así interpreta magníficas pezas propias e recreacións de temas tradicionais con gran acerto, sensibilidade e elegancia.

Celina da Piedade – voz e acordón
Alex Gaspar- voz, adufe, baixo e serrote
Filipa Ribeiro – voz, bateria, glockenspiel
David Rodrigues – Viola Campaniça e Guitarra

 

*Nota: Este concerto terá lugar no espazo escénico do Centro Recreativo de Redondela en troques do habitual Auditorio da Xunqueira


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed