Chané en Rianxo

Loading Map....

Data
28/10/2017 _ 21:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: de balde

Categoría


Concerto do Alejandro Vargas Consort e a Camerata Egeria coa cantante Rosa Cedrón para presentar o disco de Chané na Habana, gravado a finais de xullo no Auditorio de Galicia co gallo do centenario da morte do xenial autor José Castro “Chané”. Arranxos actuais sobre o repertorio recuperado de Chané en clave de jazz cun quinteto de excepción arroupados por un camerata de cordas de alto nivel.

Chané na Habana é o novo espectáculo musical d’aCentral Folque que xunta a un grupo de artistas do mundo do jazz, a clásica e o folk, reunidos especialmente para reinterpretar o repertorio de José Castro “Chané” no centenario do seu pasamento. Alejandro Vargas Consort & Camerata Egeria coa cantante Rosa Cedrón súbense ao palco para tocar, cantar e gravar as cancións do xenial compositor galego.

Co obxectivo de ofrecer unha visión nova e desprexuiciada do clásico galego abórdase a súa obra dunha forma inédita: desde o sentir musical cubano. Chané viviu e desenvolveu grande parte da súa obra na Habana, onde morreu. Hoxe, cen anos despois da súa morte, son unha selección de extraordinarios músicos liderados polos cubanos Alejandro Vargas e José Manuel Díaz os que abrazan e reelaboran o seu repertorio para devolvelo con unha nova vitalidade ao maxín popular galego.

Esta produción está promovida polo Concello de Santiago, o Concello de Coruña e a Deputación Provincial da Coruña co apoio do Auditorio de Galicia e a Radio Galega.

+ info: http://www.folque.com/01.140415wp/actividades/producions/chane-na-habana/

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed