Chané na Habana

Loading Map....

Data
29/07/2017 _ 22:00 h

Lugar
Praza da Quintana

Prezo: de balde

Categoría


Este sábado 29 de xullo presentarase ao público o espectáculo Chané na Habana dentro da programación das Festas do Apóstolo. Un elenco de 17 músicos para reinterpretar as cancións do compositor compostelán que triunfou na Coruña a finais do século XIX José Castro “Chané”. Temas xa lendarios no imaxinario colectivo galego e da emigración coma “Os teus ollos” ou “Un adeus a Mariquiña” que serán cantados pola cantora Rosa Cedrón arroupada pola Camerata Egeria, unha sección de 11 músicos de corda da Philarmonía de Galicia, aliás do Alejandro Vargas Ensemble para completar a nota de jazz cubano que contará para a ocasión co trompetista habaneiro Mayquel González.

Alejandro Vargas Consort

  • Piano. Alejandro Vargas
  • Bateria. Luis Alberto Legido
  • Percusión. Javier Barral
  • Contrabaixo. José Manuel Díaz
  • Trompeta. Myquel González
  • Voz. Rosa Cedrón

Alejandro Vargas é un dos compositores e interpretes de jazz mais recoñecidos das novas xeracións de jazz cubano. Despois de graduarse como pianista no Instituto Superior de Arte d’A Habana completou os seus estudos en seminarios con Herbie Hancock, Chucho Valdés, Danilo Pérez ou Jorge Luis Prats. No 2001 recibíu o Primeiro Premio no Concurso Jojazz de Xóvenes jazzistas de Cuba. Tocou con prestixiosas agrupacións como Irakere, Pupi y los que son Son, e com músicos de relevancia internacional como o saxofonista Donald Harrison, o trombonista Steve Turre, as cantantes Lucrecia, Guadi Galego, Ugia Pedreira ou Diana Fuentes. Asentado desde 2009 en Galiza, dirixiu relevantes proxectos como a Descarga ao vivo: Cuba-Galiza ou as Miniaturas musicais de Eugenio Granell (premio especial Cubadisco 2013). Actualmente é profesor do Curso Maxistral da Escola de Música popular e avanzada d’aCentral Folque.

Camerata Egeria

  • 3 violinos primeiros: Ildikó Oltai, Irina Gruia, Michal Riczel,
  • 3 violinos segundos: Kiyoko Ohashi, Elina Viksne, Enrique Roca
  • 2 violas: Ioana Ciobotaru, Iriana Fernández
  • 2 cellos: Xusa Hervás, Bárbara Switalska
  • 1 contrabaixo: Alfonso Morán
  • Dirección: Alfonso Morán

A Camerata Egeria é unha agrupación clásica de instrumentos de arco composta case integramente por membros da orquestra Real Filharmonía de Galicia. As diversas procedencias das mulleres que compoñen o cuarteto que lle serve de base (Hungría, Xapón, Romanía e Valencia) e máis o feito de estaren establecidas nesta meta de peregrinacións que é Santiago de Compostela, inspiraron a elección do nome do grupo, en referencia á primeira muller que nos legou a narración da súa viaxe en peregrinación a Terra Santa no século IV partindo da Gallaecia romana.

O grupo iniciou a súa actividade en 2009 no marco do Ciclo de Música de Cámara da Real Filharmonía de Galicia, participando logo no Festival Via Stellae. En 2012 cumpriron coa encomenda de gravar para a Televisión de Galicia a colección de cuartetos e quintetos de corda escritos por Alfonso Morán a partir de cancións populares galegas. Con este repertorio participaron en 2015 na inauguración da Casa das Letras de A Estrada, así como no ciclo Espazos Sonoros da Consellería de Cultura.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed