Chané na Habana

Map Unavailable

Data
16/11/2019 _ 22:00 h

Lugar
Baba bar

Prezo: 8 €

Categoría


Continua a xira deste espectáculo pola Rede de Salas da AGADIC, desta volta na Coruña o ságado día 16 de novembro no BâBâ Bar ás 22 h por un prezo de 8€ e lembra que podes cear vendo o espectáculo!!

Chané na Habana é o novo espectáculo musical da Central Folque que xunta a un grupo de artistas do mundo do jazz, a clásica e o folk, reunidos especialmente para reinterpretar o repertorio de José Castro “Chané” no centenario do seu pasamento. Alejandro Vargas Consort coa cantante Rosa Cedrón súbense ao palco para tocar, cantar e gravar as cancións do xenial compositor galego.

Co obxectivo de ofrecer unha visión nova e desprexuiciada do clásico galego abórdase a súa obra dunha forma inédita: desde o sentir musical cubano. Chané viviu e desenvolveu grande parte da súa obra na Habana, onde morreu. Hoxe, cen anos despois da súa morte, son unha selección de extraordinarios músicos liderados polos cubanos Alejandro Vargas e José Manuel Díaz os que abrazan e reelaboran o seu repertorio para devolvelo con unha nova vitalidade ao maxín popular galego.

Centenario da morte de Chané
No ano 2017 celébrase o 100 aniversario do pasamento de José Castro Chané (1856-1917). Paradigma do romanticismo musical galego, Chané é un dos compositores galegos imprescindíbeis de fins do século XIX e principios do XX fundamentalmente por ser un dos artífices da creación da Canción Galega de Concerto, do movemento coral contemporáneo e en definitiva da Música Popular Galega. Na súa obra conxúganse elementos estilizados tomados da música tradicional galega e as formas puramente románticas como a Balada.
Tres son as cidades fortemente ligadas a súa vida. Santiago de Compostela, onde naceu e adquiriu formación musical da man do seu pai (o primeiro Chané), A Coruña, onde se estabeleceu unha vez consagrado como o músico galego máis popular do momento, e A Habana onde desenvolveu os seus últimos anos de andadura convertido nunha lenda en vida.
Os artistas
Baixo a dirección artística de Ramon Pinheiro deuse forma a un elenco singular de artistas no que se combinan grandes mestres da música erudita e da música popular feita actualmente en Galiza. O director musical do proxecto é Alejandro Vargas que conformou para a ocasión un Consort con destacados músicos do panorama galego entre os que destacamos a participación da cantante Rosa Cedrón. A eles súmase o prestixioso trompetista Myquel González, que se desprazará desde La Habana para tomar parte nos concerto e na gravación do disco. Este consort especialmente creado para o espectáculo complétase cunha experimentada sección clásica de cordas coas integrantes da Camerata Egeria, formada con interpretes da Real Filharmonía de Galicia.

  • Piano. Alejandro Vargas
  • Bateria. Luis Alberto Legido
  • Contrabaixo. José Manuel Díaz
  • Voz. Rosa Cedrón

Alejandro Vargas é un dos compositores e interpretes de jazz mais recoñecidos das novas xeracións de jazz cubano. Despois de graduarse como pianista no Instituto Superior de Arte d’A Habana completou os seus estudos en seminarios con Herbie Hancock, Chucho Valdés, Danilo Pérez ou Jorge Luis Prats. No 2001 recibíu o Primeiro Premio no Concurso Jojazz de Xóvenes jazzistas de Cuba. Tocou con prestixiosas agrupacións como Irakere, Pupi y los que son Son, e com músicos de relevancia internacional como o saxofonista Donald Harrison, o trombonista Steve Turre, as cantantes Lucrecia, Guadi Galego, Ugia Pedreira ou Diana Fuentes. Asentado desde 2009 en Galiza, dirixiu relevantes proxectos como a Descarga ao vivo: Cuba-Galiza ou as Miniaturas musicais de Eugenio Granell (premio especial Cubadisco 2013). Actualmente é profesor do Curso Maxistral da Escola de Música popular e avanzada d’aCentral Folque.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed