Chané na Habana Cuarteto

Map Unavailable

Data
21/09/2019 _ 22:00 h

Lugar
Var con V

Prezo: 5€ / 7€

Categoría


O vindeiro sábado 21 de setembro ás 22:00 horas, cunha entrada anticipada de 5€, concerto de Alejandro Vargas trio e a cantante Rosa Cedrón, co espectáculo “Chané na Habana”, no Var Con Uve
Concerto no que o cuarteto fará un repaso dos 12 temas do disco de “Chané na Habana”, gravado a finais de xullo de 2017 no Auditorio de Galicia. Arranxos actuais sobre o repertorio recuperado de Chané, unha das figuras do rexurdimento musical galego a finais do século XIX e que morreu na Habana no 1917.

O elenco artístico:

  • Alejandro Vargas: piano e arranxos
  • José Manuel Díaz: contrabaixo e arranxos
  • L.A.R. Legido: batería
  • Rosa Cedrón: voz

“Chané na Habana” é o espectáculo musical d’aCentral Folque que xunta a un grupo de artistas do mundo do jazz, a clásica e o folk, reunidos especialmente para reinterpretar o repertorio de José Castro “Chané” no centenario do seu pasamento no 2017.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed