Ciclo Nexos

Loading Map....

Data
14/04/2018 _ 12:00 h

Lugar
Cidade da Cultura

Prezo: 3 €

Categoría


O ciclo Nexos organizado desde a Cidade da Cultura acolle unha sesión o sábado 14 de abril baixo o título Encrucilladas no mundo árabe e musulmán” cun relatorio a cargo de Gema Martín Muñoz e a música encargada a aCentral Folque que estará interpretada nunha sesión sonora e visual especialmente composta para a ocasión da man de Nenoescuro coa voz de Yasmina Farhani.

Nexos: Encrucilladas no mundo árabe e musulmán

Árabe non é sinónimo de islámico (o 80% dos musulmáns non falan árabe), nin islámico de islamista. Nin sequera o islamismo é unha realidade única ou monolítica: entre os seus afíns cohabitan visións moi dispares e enfrontadas. Porén, boa parte das informacións xornalísticas que recibimos deses países omiten a súa inmensa pluralidade e adoitan revestirse dun enfoque maniqueo. Cando a islamofobia aniña en Europa en moi diversas formas, ás veces agochada na loita polos dereitos civís, e cando finximos descoñecer o papel de Occidente no seu devir, precisamos dunha mirada menos eurocéntrica que nos desvele cales son os temas prioritarios para esas sociedades, cales son os intereses en conflito, que demandan os seus movementos sociais. Se para nós é relevante a ameaza terrorista, o rol da muller, a saúde democrática ou o subministro enerxético, que é o relevante para elas e eles?

12:00 | Relatorio: Gema Martín Muñoz. Escritora e socióloga. Profesora de Socioloxía do Mundo Árabe e Islámico da Universidade Autónoma de Madrid. Foi tamén profesora visitante na Universidade de Harvard e colaboradora da Universidade da Sorbona. Directora de Casa Árabe desde o nacemento da institución (2006) até 2012. Columnista no diario El País durante dúas décadas. Entre outros libros ten publicado “Irak, un fracaso de occidente (1920-2003)” (Tusquets Editores, 2003) e “El mundo árabe en busca de la excelencia democrática” (Universitat de València, 2012).

13:15 | Espectáculo sonoro e visual: Nenoescuro. aCentral Folque e Axóuxere Editora presentan a Nenoescuro, proxecto de indagación poética a través do sonoro e o visual. Coa colaboración de Yasmina Farhani, convídannos a un percurso pola tradición sufí desde unha lectura contemporánea.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed