CM: Gaiteiros da Coruña

Data
16/12/2017 _ 20:30 h

Lugar
Fundación Luis Seoane

Prezo: de balde

Categoría


“Farruco de Montrove e os gaiteiros da Coruña” é un novo título da coleción Chave Mestra que aCentral Folque publica de senlleiros personaxes da tradición oral e musical galega. Desta volta, a protagonista é a gaita e os toques antigos e urbanos da Coruña personificada na figura do lendario Farruco de Montrove onde tamén se falan de outros grandes mestres coma Francisco Paradela, Enrique Ambite, Alejandro Temprano entre outros. Este libro está acompañado de gravacións inéditas de diferentes arquivos (Alan Lomax, Cántigas da Terra, Pepe Temprano). Inclúe partituras transcritas das melodías recollidas no CD. O seu autor, Moncho do Orzán, conduce un ameno relato pola música popular coruñesa ao longo do século XX.

O acto de presentación terá lugar este sábado 16 de decembro ás 20.30 h no Auditório da Fundación Luís Seoane. R/ San Francisco s/n. Falarán no acto Xosé Manuel Sande, Concelleiro de Culturas da Coruña; Moncho do Orzán, autor; Ramon Pinheiro, editor.

Haberá unha intervención musical para pechar o acto a cargo dos Gaiteiros de Cántigas da Terra  e unha especial con Manuel Ambite & Moncho do Orzán.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed