CM: Regueifa en Bergantiños

Data
10/12/2017 _ 17:00 h

Lugar
Casa do Veciños

Prezo: de balde

Categoría


O domingo 10 de decembro  presénsatase o libro na Aldea do Couto en Ponteceso. «Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo» é un libro da Chave Mestra escrito por Alba María Rodriguez, regueifeira, cantante, filóloga e investigadora sobre esta arte de improvisar coa palabra. O libro contén un CD con gravacións inéditas de regueifas por cantadores da comarca, un ensaio sobre esta forma de expresión e transcrición e análise das letras e das melodías empregadas.

Na presentación na aldea do Couto (Casa dos Veciños ás 17 h, domingo 10 de decembro) estarán a autora e  o editor d’ aCentral Folque, Ramon Pinheiro Almuinha.

«Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo»

A comarca de Bergantiños constituíu arredor dos anos 50 un berce de coplas, rimas e contextos óptimos para o desenvolvemento da poesía oral improvisada. Na súa manifestación en forma de controversia, a chamada regueifa, destacaron numerosas figuras que encarnan os últimos anos de vitalidade do fenómeno improvisador galego.

Entre elas soan con forza os nomes de Blanco de Muiñoseco (Coristanco) e o dos seus discípulos Calviño de Tallo (Ponteceso) e Celestrino de Leduzo (Malpica de Bergantiños). Ambos improvisadores levaron a disputa en verso ao seu máis requintado nivel. Máis alá dos casamentos (o contexto inicial do xénero) amenizaron os bares, as festas e calquera encontro público e semiprivado dunha Galicia eminentemente rural. A través destas figuras e o seu tempo coñeceremos estas coplas de catro versos octosílabos con rima nos pares, que vinculadas a unha melodía fixa compartida polos opoñentes, constitúen o celme da tradición cantada galega.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed