Comezo Curso EMaCF

Map Unavailable

Data
19/10/2018 _ 11:00 h


A Escola de Música d’aCentral Folque abre máis un novo curso para a aprendizaxe e perfeccionamento na práctica e coñecemento das músicas tradicionais galegas. Aulas individuais e colectivas en distintas especialidades con mestres en activo e con atención personalizada. 18 anos de docencia e reinventando na vangarda o ensino da música tradicional en Galicia, máis un curso en Santiago de Compostela para toda a cidadanía.

O curso comeza o 19 de outubro de 2018 e chega até o 15 de xuño de 2019. Oito meses de ensino especializado no que se farán outras actividades complementaria á docencia coma monográficos, palestras, foliadas, bailes, concertos, etc.

Podes aprender de forma continua en aulas individuais directamente co mestre en especialidades coma sanfona, violino, canto, requinta e frautas, gaita galega ou en aulas colectivas de baile, harmonía, análise musical e linguaxe musical.

Máis un ano ofertamos tamén o Curso Maxistral, unha experiencia única na aprendizaxe da música popular galega. Unha rica bagaxe de coñecementos sobre cultura patrimonial sumada á aplicación de vangarda, sesións prácticas en grupo e guía de xestión profesional. Todo para axudar ós músicos a expresar a súa auténtica voz creativa na escena contemporánea.

A prematrícula está aberta desde xuño e precisamos recibir recibir o formulario online para conformar os horarios e definir cada unha das aulas.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed