Concerto ambulante ZdZ

Loading Map....

Data
27/07/2016 _ 12:00 h

Lugar
Mercadiño semanal

Prezo: de balde

Categoría


SobreRodasO dúo Sobre Rodas darán inicio ao XII Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo cun concerto ambulante durante a celebración do tradicional mercadiño semanal da vila. A feira, un dos lugares onde se escoitaban as zanfonas durante séculos, volverá ser escenario da mostra deste instrumento da man de dous dos máis senlleiros tocadores do país: Carlos do Viso e Luís Correa “O Caruncho”.

Terá lugar a partir das 12 h na praza de Castelao, no corazón da vila mariñeira de Rianxo.

Naturais da ría de Vigo e de longa traxectoria no eido da música popular en diferentes ámbitos (pedagóxico, artístico e de artesanato) interpretan temas tradicionais onde a voz é a verdadeira protagonista.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed