Concerto de nenoescuro

Data
04/07/2014 _ 21:30 h

Lugar
Local da Folque

Prezo: 3 €

Categoría


Sesión íntima para audiencia reducida no salón da Lura Vermelha cos últimos traballos do nenoescuro, artista multimedia ben interesante que leva máis de dez anos inmerso na experimentación electrónica do sampler da beira bizarra e profunda da materia sonora en interrelación cunhas imaxes oníricas, fumeantes e próximas.

A sesión contará cuns petiscos e bebidas non alcólicas e ten un donativo de 3€. As prazas son limitadas a 20 persoas e podes reservar a túa cadeira escribindo un mail a info@folque.com para non ficar fóra.

nenoescuro

nenoescuro
Fragmentos do desterro

Músico, artista sonoro e videocreador, nenoescuro investiga no lado sombra do son, na suspensión da conciencia ordinaria a través de abismos perceptivos, integrando sons primarios, instrumentación analóxica e síntese electrónica nunha sonoridade de estraña raíz e difícil ubicación que se entrelaza con atmósferas visuais conformando un ámbito intermedial de exploración entre o lírico e o narrativo.

Fragmentos do desterro é un canto desde o umbral, un camiñar incerto no territorio limiar onde o humano se dilúe nesa presenza impersoal, sen nome, que habita o mundo.
vimeo.com/nenoescuro


 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed