Concerto é-romance

Map Unavailable

Data
22/11/2019 _ 18:00 h

Lugar
Igrexa de San Salvador

Prezo: de balde

Categoría


O venres 22 de novembro a partir das 18h no mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón terá lugar o primeiro concerto do proxecto é-romance de aCentral Folque. Actuarán a cantante e repentista Alba María, a zanfonista Uxía Muíños e o guitarrista Queco Díaz, que interpretarán varios temas con base no romanceiro tradicional galego, así como outros romances compostos por eles e incluso algúns improvisados. A entrada é libre.

Antes, durante a mañá, os artistas ofrecerán un obradoiro de romance no CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón. Con esta proposta didáctica, os alumnos poderán achegarse á realidade do romanceiro galego e tamén aprenderán a xogar e a compor os seus propios romances.

Estes dous actos están encadrados no marco do proxecto é-romance de aCentral Folque, cofinanciado pola Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed