Le voyage + Ulobit

Loading Map....

Data
04/04/2014 _ 21:00 - 22:30 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: alternative text

Categoría


Le Voyage + Ulobit ofrecen en palco o concerto do 10º aniversario do Encontro Internacional de Zanfona. Será unha oportunidade única de ver estes dous proxectos que pivotan ao redor do arco infinito da zanfona e as súas irmandade tecnolóxicas. Por unha banda a zanfona órgano, enxendro do xéculo XVIII que combina estes dous instrumentos insólitos e a zanfona electroacústica manipulada coa electrónica incidental e aleatoria da digital music. Esta sesión é para que o público disfrute dunha experiencia única. O prezo da entrada son uns simbólicos 5 €.

LE VOYAGE

lira

Le Voyage é o último proxecto de Germán Díaz, mago dos instrumentos de manivela, desta volta a mandos dunha lira organizzata construída polo austríaco Wolfgang Weicheselbaumer, exemplar dos que só hai catro no mundo. Acompañado do virtuoso trompetista David Herrington que tocará a tuba (en Mib) nun repertorio variado bañado pola estética do jazz.Germán Díaz é na actualidade un dos zanfonistas máis recoñecidos no estado español e Europa. Actualmente forma parte de numerosos proxectos: Oh trío, Projecto Miño, Marisco Fresco, Brigada Bravo&Díaz, Tasto Solo… cos que ac- tuou por todo o mundo. Como solista e coautor editou case unha dúcia de tra- ballos discográficos e colaborou nun cento de gravacións. O seu disco “Músicas populares de la Guerra Civil”, en colaboración con Antonio Bravo, foi elexido como 2o mellor disco do ano 2009 pola revista Cuadernos de Jazz, e mellor disco internacional pola veterana revista xaponesa Jazz Tokio.
A finais de 2013 está a presentar o seu novo proxecto Le Voyage co trompista David Herrington nun espectáculo onde emprega as primeiras composicións para a zanfona-órgano desde o século XVIII onde Germán mesmamente as interpreta.

ULOBIT

Ulobit ofrecen un espectáculo audiovisual inmersivo con improvisación e manipulación sonora en tempo real baseados no son producido pola zanfona. Abstracción e evocación en viaxes de longo percorrido para oir cos ollos ben abertos. Para este concerto traballarán sobre imaxes do arquivo dos nove anos de historia dos Encontros de Zanfona e gravarán outros especialmente que corromperán e poñerán no seu onírico contexto de arte dixital e atrevido.Banda sonora en directo de imaxes proxectadas en vídeo e manipuladas en tempo real polos músicos, unha retroalimentación onde as cualidades visuais inspiran unha composición sonora inmediata.

ulobit

Ulobit ofrece un espectáculo focalizado nas imaxes en movemento e a súa banda sonora con material de vídeo documental (proxección a grande escala) e material sonoro (field recording, improvisación libre, electroacústica e música dixital) ao redor dun tema que sempre é variável en cada concerto. Os materiais cos que Ulobit traballa son instrumentos da tradición musical galega e a última tecnoloxía dixital dos computadores para controlar os samplers de música dixital e manipular as imaxes documentais de vídeo a través de Pure Data -software informático de código aberto- que a música transforma variando a cor, a trama, a velocidade de reprodución, as texturas da película…Ulobit é un trio galego de artistas multimedia -Ariel Ninas (sanfona electroacús- tica), Horacio GD (vídeo) e Xoan-Xil (electrónica)- único e innovador, formado por membros de dous dos proxectos máis interesantes de antropoloxía musical e sonora do país (aCentral Folque, Centro GAlego de Música Popular e NoTours/ Escoitar.org). Ulobit mistura tecnoloxías antigas coas modernas para deconstruir imaxes de arquivos revelados con banda sonora ao vivo abstracta e resoante.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed