Concerto ZdZ’20: venres

Data
03/07/2020 _ 22:30 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: de balde

Categoría


Concerto en dous actos enmarcado no XVI Encontro Internacional Zona da Zanfona 2020 para o venres 3 de xullo. O primeiro acto será con Efrén López, artista convidado a Rianxo este ano para ofrecer un recital en solitario sobre o seu universo sonoro da mediterranía, composicións e arranxos sobre músicas de Creta, os Balcáns, Turquía ou Exipto. O segundo acto será con Sobre Rodas, dupla de Luís Correa ‘O Caruncho’ e Carlos do Viso que xa actuaron no XII ZdZ en 2016 co seu repertorio de cancións inspiradas na tradición galega.

Os concertos son de balde con prazas limitadas e é preciso enviar un mail para reservar cadeira.

Información práctica esencial:

  • O aforo será limitado e as medidas sanitarias e de distancia física para persoas segundo as normas estabelecidas
  • Debes enviar un correo electrónico coa seguinte información: nome, enderezo electróncio, teléfono de contacto e número de persoas e se son de convivencia habitual
  • A reserva das entradas é para persoas individuais ou grupo de convivintes (máximo 5 persoas)
  • Enderezo electrónico: auditorio@concelloderianxo.gal
  • Teléfono alternativo: +34 664 183 217

 

Efrén López:

©Jean Christophe Ken

Músico intérprete, compositor, produtor e enxeñeiro de son especializado en instrumentos de corda pulsada da Europa medieval, o Mediterráneo Oriental, Oriente Medio e Asia Central. Estudou zanfona con Maurizio Martinotti, Nigel Eaton e Pascal Lefevre, e téccnica de diversos laudes do Mediterráneo Oriental e Oriente Medio con Ross Daly, Erol Parlak, Mehmet Erenler, Erdal Erdal, Erkan Ogur, Omer Erdogular, Necati Çelik, Yurdal Tokcan, Ustad Mohammed Rahim Khushnawaz, Daud Khan Sadozai…

É fundador dos grupos Trio Petrakis / López / Chemirani, L’Ham de Foc, Evo, Aman Aman, EAR e Sabir, entre outros.

Como músico intérprete participou en numerosos proxectos con músicos de toda Europa, o Mundo Árabe, Turquía, Irán e a India: Jordi Savall, Capella de Ministrers, Oni Wytars, Derya Turkan, Ali Tekbas, Stelios Petrakis, Ross Daly, Kelly Thoma, Noma Omran, Zohar Fresco, Sima Bina, Siamak Aghaei, Pedram Khavarzamini, Bijan, Keyvan & Maryam Chemirani, Daud Khan, Faun, Rocio Márquez, Carles Dénia, Maria do Mar Bonet, Manolo García, Eléonore Fourniau ou Sylvain Barou.

Con todos estes proxectos actuou en festivais de Europa, América do Norte e do Sur, Asia e Norte de África.

No seu labor como enxeñeiro de son e produtor realizou traballos para: L’Ham de Foc, Ross Daly, Kelly Thoma, Stelios Petrakis, Milo ke Mandarini, E.A.R., Petrakis / López / Chemirani, Evo, Aman Aman, Sabir, A Banda do Pepo, Katerina Papadopoulou.

Participou na gravación de máis de 70 discos, nove deles con proxectos propios, sendo galardoados con varios premios en Espanha e Alemaña.

 

Sobre Rodas

© aCentral Folque

Sobre Rodas son dous músicos que levan desde o ano 2006 con esta formación baseada en repertorio popular e propio baseado en cancións con acompañamento de zanfona, ao xeito no que se interpretaba a música para este instrumento até principios do século XX. Teñen un disco publicado

Luis Correa “O Carucho” (Vigo). É un referente no mundo da música popular en Galiza, revitalizando a interpretación de vellos romances.

Carlos do Viso (Soutomaior). Un dos artesáns de zanfonas e de percusión tradicional con máis traxectoria de Galiza.

 

 

 

Actividade promovida por:

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed