Concerto ZdZ’21: sábado

Map Unavailable

Data
10/07/2021 _ 22:30 h

Lugar
Exterior CEIP Castelao

Prezo: de balde

Categoría


Concerto en dous actos enmarcado no XVII Encontro Internacional Zona da Zanfona 2021 para o sábado 10 de xullo. A dupla das Terras de Trasancos, Xemelgas, con Manu Fraguela e Óscar Fernández sobre un repertorio galego e europeo de baile. E o conxunto pontevedrés de Suán, o novo proxecto da Asociación Cultural Trepia.

Información práctica esencial:

  • O aforo será limitado e as medidas sanitarias e de distancia física para persoas segundo as normas estabelecidas
  • A reserva das entradas será a partir do 30 de xuño en concelloderianxo.gal/reservas (preferente)
  • Teléfono alternativo: 981 100 688

Xemelgas

Un dúo de Zanfonas acústico tocando os seus propios arranxos de pezas tradicionais e de autor de repertorio galego e europeo. Oscar Fernández e Manu Fraguela coñécense en 2017 no entorno das Escolas de Culturais do Padroado da Cultura de Narón. Dende aquela foron coleccionando un repertorio mui variado para tocar a dúo. O concerto será unha mostra con moita dinámica e enerxía de ese repertorio.

Suán

Suán é un proxecto artístico da Asociación Cultural Trépia, formado por diferentes compoñentes tanto da asociación como da escola, que xurdiu inicialmente trala produción do primeiro traballo discográfico própio da A.C. Trépia, no 2018. Nunha liña de continuidade que lembra proxectos anteriores da asociación, (Projecto Trépia, 2008; A Máquina de Meter Medo, 2011), integra programacións electrónicas co repertório máis tradicional para pandeireta e canto, ao que se unen distintas instrumentacións ao vivo e no que o principal fío condutor segue a ser a zanfona.

Neste proxecto tentouse dar un carácter diferente a cada tema proposto, explorando distintas sonoridades e tratamentos para o repertório, que inclue dende pezas tradicionais nas que se integran recolleitas das própias informantes a composicións novas baseadas en estilos tradicionais de zonas concretas da nosa xeografia, coa intención de aportar repertório novo ao corpus cultural musical.

 


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed