Concertos ZdZ

Data
29/07/2016 _ 21:30 h

Lugar
Praza Rafael Dieste

Prezo: de balde

Categoría


ZdZ16_textoComo actividades máis abertas dentro do XII Encontro Internacional Zona da Zanfona de Rianxo 2016 organizamos os concertos na praza Rafael Dieste. Serán dúas xornadas de música ao vivo onde a zanfona e o baile participativo é o protagonista. A entrada é de balde e a vertente lúdica, garantida.

O venres 29 de xullo Os Cempés ofrecerán o seu exitoso Baile 100%, un repaso polos mellores bailábeis da veterana banda liderada por Óscar Cempés (zanfona), Antón Varela (gaita) e Roberto Grandal (acordeón) coa guia inestimável de Serxio Ces que ensinará os baile de moda, galegos e europeos para que participe todo o público.

O concerto/baile será a partires das 22.30 mais haberá un obradoiro express previo  a partir das 21.30 h sobre algúns bailes que se farán a seguir no concerto.

O sábado 30 de xullo será a oportunidade de ver a un dos grandes intérpretes e compositores galegos actuais ofrecendo un breve recital a solo para zanfona. Anxo Pintos abrirá ás 22.30 h a sesión do sábado na praza Rafael Dieste.

Para pechar a noite, o palco ocuparano un novo trio natural do Morrazo con tres veteráns da escena folc galega. Obal está formado por Iván Costa (zanfona), Jaime Rebollo (zanfona e nyckelharpa) e Diego Langarika (sustituído para ocasión por Samuel Soto, bouzouki). O baile estará guiado por Suso Cancelas.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed