Curso avanzado ZdZ

Data
08/07/2017 _ 14:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 40 €

Categoría


Curso para músicos iniciados na Zona da Zanfona con dous mestres vindos dos Estados Unidos. Será unha sesión con cada un en xornada matutina (RT.Taylor) e vespertina (Brian McCoy). O obxectivo é recibir maxisterio de dúas visións moi particulares do instrumento, unha do veterán tocador de California R.T.Taylor, introductor da zanfona nos USA e outra do novo tocador de Ohio, Brian MacCoy, un dos xovens valores americanos cunha perspectiva moi contemporánea e aberta da zanfona e as súas posibilidades.

O curso terá lugar ao longo do sábado no Auditorio Municipal de Rianxo.

A seguir ofrecerá un breve recital a dúo no concerto ZdZ a partir das 22.30h

O custo é de 40 €

Horario: 10 h-14 h e 16-20 h.

Inscrición para o cursos de zanfona avanzada:

Inscrición e info xeral:

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta

Detalles bancarios:

Abanca 2080-0342-60-3040009110

Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque

*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”

Curso con  R.T. Taylor: “Bal Folk Tunes”

Os festivais de “Bal Folk”  son cada vez máis populares na Europa. A música e as danzas francesas son grande parte do repertorio común de moitas destas festas. Para este curso, empregaranse pezas tradicionais e contemporáneas do repertorio francés (bourrée, valsa, scottish, polka, etc) para aplicar ornamentación básica coa man esquerda e ritmos co “coup de poignet” coa man dereita tocando sincronizado coa melodía e disociado coa mesma. Ademais aprenderase a tocar con estilo algúns destes xéneros e engadir algunha outra característica coma harmonía, outras voces, improvisación,…

Como particularidade para este curso, farase unha particular atención no ritmo de Circle Circassian, similar á muiñeira e misturaranse melodías dun e doutro xénero.

Todo o material do curso será entregado ao alunado en forma de partitura, mp3 en diferentes velocidades para seguir aprendendo logo do ZdZ.

Breve biografía de R.T.Taylor

R.T. descubriu a zanfona aos 5 anos de idade e a redescubriu aos 35 e desde aquela leva máis de trinta anos tocando, actuando e ensinando en XApón, Norteamérica e Europa. Gravou coas bandas French Creek (USA) e UFO (FR), está especializado en música para danza de Francia, Hungria e Galicia.

Ten impartido seminarios no Over The Water Festival (Seattle), Chants de Vielle (Montreal), Grand Bande de Texas, EMIM Indiana Workshop,e regularmente aulas  en Los Angeles California.

Ten estudiado cos mellores tocadores europeos coma Patrick Bouffard, “Maxou” Heintzen, Gilles Chabenat, Valentin Clastrier, Matthias Loibner, Cliff Stapelton, Anne-Lise Foy, Laurence Pinchemaille, Jean-Michel Péru and Bela Szerenyi. R.T. é profesor universitario en Los Angeles de arte e efectos visuais para deseño gráfico.


Curso con Brian McCoy: “Study Tune No.__”

Este curso estará baseado en aprender unha peza e ver muitas das súas variabeis para improvisar sobre ela. Sobre esta melodía traballarase técnicas de expresión musical coa man esquerda coma o bending ou o vibrato e técnicas coa man dereita coma os cambios de dinámica polas varianzas da velocidade da roda.

Aliás de nocións básicas dos golpes de 2,3 e 4, aportará as bases para aprender o golpe de 6.

Breve biografía de Brian McCoy

Brian McCoy é natural de Ohio (EE.UU.) e actualmente reside en Francia desde hai uns meses.  Xa levaba uns anos tocando a zanfona cando decidiu vir pra Europa para estudiar de primeira man a tradición doinstrumento. Fascinado polas posibilidades da amplificación eléctrica, é común atopalo nos concertos rodeado de pedais de efectos e zanfonas electroacústicas.

A súa pesquisa baséase nas conexións e desconexións da música tradicional de diferentes culturas a través dunha moi persoal visión da improvisación construíndo paisaxes sonoras minimalistas e psicodélicas.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed