Curso baile con Sergio Cobos

Data
04/03/2017 _ 18:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 35 €

Categoría


Curso de baile tradicional nos monográficso de inverno 2017 con sergio Cobos. Monográfico específico “Maneo e…” sobre este peculiar xeito de bailar a xota no noroeste da provincia da Coruña. Estas aulas de danza terán lugar os sábados no CSC da Trisca o 4 e o 18 de marzo para un aforo reducido de 12 persoas.

Detalles:

  • Duración: 4 horas
  • Prezo: 35 €
  • Data: Sábados 4 e 18 de marzo
  • Horario: 18-20 h
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Nivel: para bailaríns iniciados
  • + info e inscrición: info@folque.com

Breve bio de Sergio Cobos

Especializado en música e danza tradicional Galega a través da formación na escola de folcklore “Cantigas e Agarimos” e en traballo de campo e recollidas Etnocoreográficas etnomusicolóxicas desde o ano 1989.

Adícase a danza tradicional en todas as súas vertentes como creador e intérprete sendo coreógrafo, bailarín, músico e director musical.

Foi fundador e director artístico das compañias BRUMA e TREBÓN (Novas tendencias da danza galega), director musical e intérprete de danza nas compañías CÍRCIO e GS21 asi como intérprete do grupo VIOLIA (música tradicional galega)

É ilustrador de diferentes traballos e actualmente investiga para a creación de unha nomenclatura e simboloxía ad hoc ao baile tradicional galego chamado “cara ós Bailegramas”.

En Portugal está traballando como intérprete na compañia de danza contemporánea CLARA ANDERMATT. Musicalmente dirixe o grupo portugués AQUÍ HÁ BAILE .

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed