Curso Bailegramas

Map Unavailable

Data
27/02/2021 _ 17:00 h

Lugar
online

Prezo: 20 €

Categoría


Este será un curso a distancia para achegármonos aos Bailegramas, esta forma de representación gráfica do baile galego desenvolvida nos últimos anos por Sergio Cobos, artista e pedagogo, que tenta adaptar á escrita as especificidades do baile solto. Esta é a primeira experiencia e tentativa de sistematizar os nosos puntos de baile. Este curso é para todos os públicos mas debes ter un mínimo coñecemento do baile galego; unha conexión a Internet e un dispositivo con pantalla de mínimas dimensións (tableta ou computador, non recomendamos o móvil).

Detalles do curso:

  • Data: sábado 27 de febreiro e sábado 6 de marzo 2021
  • Horas: de 17 a 19 horas
  • Duración: 4 horas total
  • Lugar: sesións en plataforma dixital de reunións a distancia
  • Prezo: 20 €
  • Inscricións e info: matricula@folque.com
  • Prazas limitadas

Sobre o curso

Mostra/presentación dos Bailegramas: explicación, exemplos prácticos e debate. Un cursiño monográfico para coñecer, entender e aprender a utilizar esta fermosa e, sobre todo, útil ferramenta para a representación sistemática dos puntos do baile solto galego.

Descifraremos o seu contido en forma e fondo: para que non quede dúbida. Onde? Cando? Como? Por que? Para que?

Cun lápis e papel abondo para deixar para sempre  escrito o que bailes. Para aplicar nas aulas, para ordenar, arquivar,… e sempre BailAndo!!. unha vez rematadas estas partes do monográfico haberá debate con impresións, valoracións, Ideas e outros aspectos (sempre constructivos) deste tesouro do patrimonio inmaterial que é o Baile.

Animádevos!!

PD. coidado que crea adicción

Sobre Sergio Cobos

Sergio Cobos é un dos bailarinos máis experimentados do país, con máis de 25 anos adicado ao ensino de danzas tradicionais e intérprete e autor de coreografías desde finais dos anos 90. É coautor de libros para métodos de baile tradicional (Zampadanzas do mundo; Para cantar e bailar); creador da música de espectáculo que mesturan o baile tradicional coa danza contemporánea coa súa compañía Circio (Baile de soños); acordeonista do trio Mala Herba. Os últimos anos foi desde o Alentejo para todo Portugal desde onde activou unha escena de baile galego no país veciño. No 2018 publica da man d’aCentral Folque o libro Bailegramas  o primeiro manual de escritura de baile galego dentro da colección Seiva.


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed