Curso de canto difónico: P. Rougier

Data
12/06/2014 _ 20:00 - 22:30 h

Lugar
Local da Folque

Prezo: 25 €

Categoría


Dentro das actividades que aCentral Folque ofrece no seu local do barrio de Vista Alegre en Santiago de Compostela, está este obradoiro de canto difónico co bretón Pierrot Rougier

..regular unha nota ou escoitar as infinitas variedades harmónicas da voz ou superar a nosa afinación e vogais…

 

Pierrot Rougier

RougierpierrotFlautista de bandas bretoas para Fest-Noz como Diskall e Pleneden, ten tocado con Luar Na Lubre en Bretaña e Galiza, co cantante Yann-Fãnch Kemener, Trio Liu, ten participado na comedia musical “Rue des Legendes”  e escrito arranxos de organo pra tocar en dúo musica bretonasacar en templos de culto.

Pierrot Rougier, tamén guitarista de folk-rock e apaixonado da técnica de gravación, tivo unha curta carreira na música electrónica (bootleg) con composicións propias que teñen tocado Djs famosos da escena francesa como Dj. Zebra, auténtico fenómeno de masas.

Ten impartido aulas de flauta e desenvolveu un método de tablatura especial para alumnos que non sabian ler musica, coa axuda de ferramentas informáticas para deconstruir estructuras complexas e preparar playbacks de ensaio.

A voz coa flauta é o seu instrumento máis importante que aparece nas súas composicións, explorando a columna de aire como dinamizador e motor da música que levamos dentro.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed