Curso con Felisa Segade

Data
01/04/2017 _ 10:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 45 € (120 € os tres cursos)

Categoría


Dentro dos cursos de Canto e Percusións de man que aCentral Folque organiza, esta semana iníciase co monográfico con Felisa Segade o sábado 1 de abril de 10 a 18 h no CSC A Trisca en Santiago de Compostela.

Detalles:

  • Duración: 6 horas (cada curso)
  • Prezo: 45 € (120 € todo o curso de Canto e Percusións)
  • Datas: Felisa Segade (1 de abril); Quique Peón (22 de abril, 6 e 20 maio); Olga Kirk (10 e 17 de xuño)
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Horario: Felisa Segade (10-14 h e 16-18h)
  • Nivel: para músicos iniciados. Prazas limitadas. Aulas colectivas en grupo reducido
  • Inscrición e info: matricula@folque.com

 

Breve sinopse do curso:

O canto tradicional galego está intimamente ligado á percusión de mao. É importante tocar e coñecer os instrumentos que acompañan á voz. Podemos atopar instrumentos fabricados como tales: pandeireta, pandeira, pandeiro, tambor (femenino). E outros que sin sen fabricados como instrumentos conseguirían chegar a selo: tixola, lata, cunchas, culleres, sachos… Aínda que todos eles están presentes na vida cotidiana non en todos os lugares chegaron a formar parte da tradición oral. Achégarémonos ó canto de diferentes zonas a través dos seus instrumentos de mao.

Breve biografía de Felisa Segade

Dende moi nova Felisa Segade desenvolve unha incesante actividade como mestra de baile, pandeireta e canto tradicional galego para diferentes Asociacións, Institucións e Festivais tanto a nivel nacional, como internacional (Alemaña, Suiza, Portugal, Bélxica..). Como pandereteira da Agrupación Folclórica Cantigas e agarimos participa en 1986 no traballo discográfico do grupo Milladoiro “Galicia no pais das Maravillas”, o cal marcou, sen lugar a dúbidas un antes e un despois no lugar que ocupaban as pandereteiras na nosa música. No ano 1989, nace Leilía (grupo de música tradicional) do que é cofundadora e co cal ten publicados cinco traballos discográficos propios e colaborado en outros moitos con artistas da talla de Milladoiro, Bleizi Ruthz, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, José Nieto, Emilio Cao, Socorro Lira, Guadi Galego…etc. Xa na súa faceta de productora artística ten realizado os seguintes traballos discograficos: “Esta noite hai un serán”,”Brincadeira”,”Se non fora por quen baila”,”Arreixeira” e “A Subela”. Actualmente reparte a súa actividade artística ente o grupo Leilía e o trío “Tres Pesos”

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed