Curso cordas: Elías garcía

Data
10/05/2014 _ 10:00 - 14:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: -

Categoría


TALLER DE CORDA: BOUZOUKI & GUITARRA con Elías García (4 horas)

Sábado 10 maio, 10 a 14 h, CSC A Trisca

Obligatoria preinscrición no mail: info@folque.com

METODOLOXÍA

A través do estudo das distintas posibilidades dos dous instrumentos a nivel técnico, harmónico e rítmico, proponse unha serie de exercicios específicos co obxectivo de obter diversas alternativas estilísticas no acompañamento de melodías con instrumentos de corda fregada.

A QUEN VAI DIRIXIDO

Músicos amadores e profesionais con interese en coñecer/mellorar a técnica propia dos instrumentos de corda frotada dentro da música folk.

PROGRAMA
  1. Traballo armónico. Afinacións standard. As afinacións en aberto. Sistema DAGDAD
  2. Traballo rítmico. Compases habituais na música de raíz
  3. Traballo melódico. O bouzouki como instrumento melódico
  4. Acentuacións
  5. Proposta de harmonización
ELÍAS GARCÍA

EliasGarciaMembro fundador de tres das bandas de folk asturiano máis relevantes dos últimos 30 anos (Llan de Cubel, Felpeyu e Tuenda), Elías introduciu o bouzouki na música asturiana a mediados dos anos 80, transformando a forma de entender e acompañar harmónica e rítmicamente a música folk asturiana contemporánea.

Como bouzoukista, guitarrista e violinista, participou en máis de 20 referencias discográficas con grupos folk, bandas de gaitas, pandeireteiras e grupos de folk rock e realizado xiras por toda Europa, EEUU e Australia. As súas composicións foron reinterpretadas por grupos como Tanahill Weavers, The Battlefield Band, Calico ou John McSherry.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed