Curso cordas: Sérgio Tannus

Loading Map....

Data
20/06/2014 _ 18:00 - 21:00 h

Lugar
Local da Folque

Prezo: 25 €

Categoría


Dentro das actividades que aCentral Folque ofrece no seu local do barrio de Vista Alegre en Santiago de Compostela, está este Curso de Cordas da Brasileguidade. Un paseo polas diversas sonoridades e estilos dos instrumentos de corda brasileiros: viola, cavaquinho, bandolim e viola caipira.

Sérgio é un virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, baixo, cavaquinho, bandolim e percusións. Comezou a tocar aos oito anos. Autodidacta e aberto aos estilos universais sen deixar de lado a súa brasilidade.

Sérgio Tannus,  cidadán do mundo, vive entre o Brasil e Galiza. Coma solista está a promocionar o seu concerto Múltiplos Caminhos. É colaborador na produción musical habitual doutros artistas coma Belchior, Lilian França, Batuco-Tabanca, Malvela, Señora Carmen, Uxía ou Emilio Rúa, ademais de ter acompañado ao vivo a Gilberto Gil, Suely Mesquita, Chico Cezar, Pedro Luis e a Parede, Rita Ribeiro, Zélia Duncan, Paulinho Moska ou Fernanda Abreu e recentemente acompaña a Dulce Pontes na súa xira mondial.

OLYMPUS DIGITAL CAMERASérgio Tannus é un dos artistas mais completos da safra brasileira. Autodidacta, virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolim e percusións, o músico foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Desde o 2006 vive en Santiago de Compostela, en Galicia, desde onde está a divulgar o seu traballo como multi-instrumentista e cantautor por varios países de Europa.

Após numerosos traballos e colaboracións con outros artistas, proponnos o proxecto do seu novo disco, SON BRASILEGO, un traballo de gran porte e numerosos colaboradores, onde está apoiado, como sempre, pola formación base que conforma a súa banda habitual.

Para inscribireste, envia un mail a info@folque.com

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Comments are closed