Data
11/02/2017 _ 16:00 h
Lugar
CSC A Trisca
Prezo: 35 €
Categoría
O multiinstrumentista Xosé Liz imparte este curso monográfico de corda pulsada na música folk baixo o título “Patróns rítmicos e ornamentacion de músicas europeas”. O obradoiro proposto versará no acompañamento á música tradicional europea contemporánea en diversos instrumentos (bouzouki, guitarra, mandolina).
Detalles:
- Duración: 4 horas
- Prezo: 35 €
- Data: Sábado 11 febreiro
- Horario: 16-20 h
- Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
- Nivel: para músicos iniciados (bouzouki, guitarra, mandolina)
- + info e inscrición: info@folque.com
Breve descripción de contidos:
- Ritmos binarios: interpretación melódica e rítmico-harmónica, ornamentación. Reel, chula.
- Ritmos ternarios: interpretación melódica e rítmico-harmónica, ornamentación. Xota, valse.
- Ritmos binarios de subdivisión ternaria: interpretación melódica e rítmico-harmónica, ornamentación. Jig, muiñeira, slip jig.
- Amalgamas: interpretación melódica e rítmico-harmónica, ornamentación. Hanter fisel, polska
Breve sinopse biográfica sobre Xosé Liz
Músico de recoñecido prestixio nacional e internacional no ámbito do folk galego e a Celtic Music. Máis de trinta producións discográficas cos mellores artistas galegos (Cristina Pato, Susana Seivane, Blanco, Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Anxo Lorenzo, Begoña Riobó…) e a súa habitual presenza nos mellores escearios adicados a estas músicas (Celtic Connections, Piping Live, Vall D’aOsta, Scottish Weekend, Festival Interceltico de L’orient…) avalan a traxectoria deste multiinstrumentista vigués.
Compaxina a súa tarefa de música profesional, produtor, arranxista e compositor coa súa laboura demestre titular de frauta e corda pulsada na prestixiosa Escola de Música Folk e Tradicional E-Trad de Vigo, dende 2009.