Curso de canto

Data
10/06/2017 _ 17:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 45 €

Categoría


O centro de ensino regular de aCentral Folque (Escola de Música Popular e Avanzada) oferta un curso de canto acompañado de percusión con Olga Kirk que estará en Santiago de Compostela en xuño para ofrecer un curso monográfico específico o repertorio da Limia e Baixa Limia. Está orientado a persoas que teñan un mínimo de coñecemento do canto tradicional e queiran coñecer os xeitos, estilos e repertorios desta zona de Ourense.

Detalles:

  • Duración: 6 horas
  • Prezo: 45 € cada curso por separado
  • Datas: 10 e 17 de xuño
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Horario: 17 a 20 h
  • Nivel: para músicos iniciados. Prazas limitadas. Aulas colectivas en grupo reducido
  • Inscrición e info: matricula@folque.com

Contidos

Toques repertorios e xeitos de cantar na Limia e Baixa Limia (Ourense)

Olga Kirk

Comeza a súa andaina musical aos once anos cando ingresa nun grupo de pandereteiras. Dende o principio entusiasmouse coa música tradicional, tanto coa súa interpretación como co seu estudio, e por iso dende os 17 anos dedicouse a facer investigación etnográfica de campo xunto con Pablo Díaz. Ademais de cantar e tocar diversas percusións de man, Olga toca o acordeón diatónico ou o tambor,  e dedícase ao seu ensino en diversas escolas de música tradicional. Ademais de facer coros na banda TIC TAC, é integrante do grupo de música tradicional “Ruote” e directora do grupo de baile tradicional da Coruña “Donaire”. Tamén pertence ao coro integrado por 16 cantantes de diferentes estilos “Sisters in the house”.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed